Conversa:a Deus dar auga
Último comentario: Furagaitas hai 9 anos
Coida que a expresión a definir sería a Deus dar, non?--Calq (conversa) 5 de abril de 2015 ás 05:27 (UTC)
- Pois non che sei. Eu a coñezo completa (A Deus dar auga; aínda que aqui din "Dios"). Tamén dubidei se o correcto sería chover a Deus dar auga, porque vai inevitablemente unido a Chover; sobre todo cando tempo despois vin que xa existía chover a manta e variantes. Pedro --Lameiro (conversa) 5 de abril de 2015 ás 11:08 (UTC)
- Home, Dios dise aí, e en todos os lados, de aquí, Galicia... pero na definición de deus do DRAG vén "a Deus dar": pode chover auga (ou viño) a Deus dar (o do viño aquí non pasa (perdón polo chiste)), podes beber a Deus dar, ou o que sexa supoño, traballar, correr, sachar, comer a Deus dar, como indicando moita cantidade.--Calq (conversa) 7 de abril de 2015 ás 02:19 (UTC)
- Ten lóxica o que di Calq, quizá deba ser a Deus dar. Ou as dúas. [ Furagaitas * ] 7 de abril de 2015 ás 22:10 (UTC)