Conversa:arelar
Debe tratarse dun verbo creado a partir de arela, palabra si admitida polo VOLG, e recolleita por Sobreira (en Samos e Luíntra-Nogueira de Ramuín), o DRAG (en Triacastela e Valdeorras), Aníbal Otero (en Santa Eufemia-Folgoso do Courel) e Elixio Rivas (en Dragonte-Bierzo), en definitiva no galego oriental. O verbo arelar aparece recolleito en polo menos 6 lexicografías, pero sen indicación de lugar de rexistro, o que me fai pensar que non tén apoio na fala popular. Por outro lado, non me parece moi lóxico categorizala como dialectal ó mesmo tempo que culto; en todo caso (Dialectal, hoxe culto) ou incluso (Antigo dialectalismo, hoxe culto). Outros datos:
- arela: documentada sobre o 1800; 710 resultados no TILG.
- arelar: documentada no 1916; 418 resultados no TILG.
Furagaitas* 19:59, 10 decembro 2008 (UTC)