Conversa:cannitiu

Algunha fonte que avale esta entrada? [ Furagaitas * ] 14:27, 19 de agosto de 2011 (UTC)

Pois a verdade é que foi a miña interpretación disto, máis nada, polo que pode facilmente estar errada. Ao mellor é simplemente latín vulgar de canna? ─ GallaecioE logo? 17:37, 19 de agosto de 2011 (UTC)
A miña sospeita é que se trata dunha forma intermedia entre a latina e a galega. De ser así, precisamos saber se existe étimo no latín clásico. [ Furagaitas * ] 18:14, 19 de agosto de 2011 (UTC)
Na internet esta é a única fonte que atopo con referencia a esta palabra, podería ser cannitiæ o étimo do latín clásico? Porque del hai máis fontes. En todo caso, sabendo o étimo do latín clásico, non sei de onde obter máis información. O meu non é o latín, as edicións que fago ao respecto no Galicionario son xeralmente coma esta, baseadas en contido sacado dunha entrada existente. ─ GallaecioE logo? 18:50, 19 de agosto de 2011 (UTC)
Non che sei, a ver se encontramos algunha fonte que nos axude. [ Furagaitas * ] 21:09, 19 de agosto de 2011 (UTC)

Iniciar unha conversa sobre "cannitiu"

Iniciar unha conversa
Volver á páxina "cannitiu".