Conversa:chover a chapuzos

Non normativa editar

Non digo que non sexa documentable, moitas entradas o son pero non as poñemos porque non son normativas. Probablemente «chapuzos» foi normativa outrora, e pode que non estea contemplada na normativa actual por un despiste e que a engadan nun futuro próximo (oxalá actualizasen a normativa con un pouco máis de frecuencia). Pero nestes momentos non é normativa.

Se imos engadir vocabulario en galego non contemplado na normativa coma este, habería que establecer uns criterios, tanto de escolla (tería que haber límites respecto do vocabulario non normativo que damos por válido) como de presentación (para estes termos habería que achegar referencias ─como «http://books.google.com/books?id=FoBE9EDhqlAC&pg=PA281&lpg=PA281&dq=%22chover+a+chapuzos%22&source=bl&ots=FEELsMvoid&sig=eLkOVvOVWHUyeqCpvXpx3Tn_ieU&hl=gl&ei=hhfBTO_AJYKx4Qa48cyrDA&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=4&ved=0CBgQ6AEwAw#v=onepage&q="chover a chapuzos"&f=false» para este─ e decidir que fontes son fiables, así como engadir unha marca ou modelo indicando que a expresión non está aceptada na normativa actual, ou algo así). ─ GallaecioE logo? 04:57, 22 de outubro de 2010 (UTC)

De feito, neste caso trátase dunha palabra que foi normativa e agora non o é (a xulgar pola data de aparición no dicionario ao que fixen referencia antes, que non é xa anterior á normativa do 2003, senón á do 1997. Non me opoño a que se permita engadir vocabulario de normativas anteriores, pero coido que habería que indicar o ano da normativa, e comportarse ante estes casos como ante os temos noutras linguas: ligar a sinónimos na normativa actual, ou definir a falta destes, e non ligar dende as entradas da normativa actual a estoutras. Ocórreseme de primeiras modificar o modelo «{{-gl-}}» (e o «{{-glref-}}») para poder pasarlle como argumento o ano da normativa, coma {{-gl-|1983}}. ─ GallaecioE logo? 05:06, 22 de outubro de 2010 (UTC)
Aínda que na portada poña "Diccionario normativo", non creo que fose obra da RAG. O VOLGa, publicouse no 2004, polo que non se pode dicir que chapuzo estivese ou non contemplada pola normativa do 1983. O que si sabemos é que na versión en liña do VOLGa non aparece. Tampouco non o encontrei nin no «Dicionario de dicionarios» nin no TILGa; por último deino atopado no dicionario de marras. Polo tanto, eu limitaríame a pór unha mensaxe de aviso (como a outras moitas como probe, irmao, lexos etc) conforme a expresión non é aceptada pola normativa (ou directamente, que non está recollida no VOLG). Existen xa outras mensaxes de advertencia ({{BARBARISMO}}, {{castelanismo}}, {{hiperenxebrismo}} etc) pero non me gustan moito; quizá o mellor sexa unilas todas nunha soa.
Este tipo de entradas, como dis ti, deberían (se é posible) remitir a outras formas normativas. E digo se é posible porque hai tecnicismos que non veñen recolleitos no VOLGa pero seguramente si no Termigal ou outros vocabularios específicos. [ Furagaitas * ] 11:02, 22 de outubro de 2010 (UTC)
Volver á páxina "chover a chapuzos".