Conversa:cogordo
Este tipo de entradas mereceria un marcador, penso eu : borrar, falta formato wiki, ??? Digo esto pensando ca definición é valida, que eso non sei. Claro de ser a definición errada, xa sei que vai parra borrar. Elvire 14:05, 13 novembro 2009 (UTC)
- Penso que habería que darlle formato. No VOLGA aparece recollido este sinónimo, pero poñer información dialectal non estou seguro. Penso que no resto das entradas non se fai (por norma xeral). --Xoán Carlos Fraga 16:34, 13 novembro 2009 (UTC)
- Se aparece recolleito no VOLGa supoño que non se pode considerar dialectalismo, máxime cando non remite a outro termo. Coido que a etiqueta Dialectal se debe reservar para palabras que non aparezan no VOLGa ou que aparezan como non preferentes. [ Furagaitas * ] 23:34, 13 novembro 2009 (UTC)
- Segundo o Glosario de Voces Galegas de Hoxe (1985), cogordo significa "seta, hongo" en Ramirás e Xunqueira de Ambía; coas variantes cogordón (en Verín e Vilardevós), cogorda (en Pedrafita), e cogordís (na Gudiña). Non parece unha denominación moi extensa pero tampouco se pode calificar de localismo. Noutros dicionarios (Sobreira, Eladio, Carré, Franco Grande) non leva ningunha localización. Pedro --Lameiro 17:58, 15 novembro 2009 (UTC)
Iniciar unha conversa sobre "cogordo"
As páxinas de conversa son o lugar onde a xente debate como facer que o contido de Wiktionary sexa o mellor posible. Podes usar esta páxina para iniciar unha conversa con outras persoas sobre como mellorar "cogordo".