Conversa:filet mignon

Último comentario: Calq hai 9 anos

Está claro que "filet mignon" non é galego, senón palabra francesa utilizada en Galicia. Pedro --Lameiro (conversa) 18 de marzo de 2015 ás 22:39 (UTC)Responder

  • Si, certo, aínda que utilizada en Galicia e en todo o mundo, pero o caso é que nun dicionario de galego ten que estar, tal como software, newton, carpaccio, limoncello... No eido da gastronomía, pois é normal o uso de palabras importadas do francés, como do das tecnoloxía o é do inglés, do italiano na música... e son palabras de uso común (ou mellor dito máis ben técnico ou específico) na lingua galega. De feito, esta palabra vén no Dicionario de alimentación e restauración como entrada, aínda que evidentemente é un estranxeirismo. No fondo (ou por riba) si é galego.--Calq (conversa) 19 de marzo de 2015 ás 17:39 (UTC)Responder
    • Evidentemente ten que estar neste dicionario, como os outros exemplos que dás. O galego, como outras linguas, está inzado de estranxeirismos lexitimados polo uso e sancionados nos dicionarios máis ou menos oficiais. Todo iso non cho discuto, pero nada diso o converte en léxico galego. Non sei cal pode ser a solución, pero cómpre unha marca que acredite que esta palabra, e mais as outras, non son galegas. Pedro --Lameiro (conversa) 19 de marzo de 2015 ás 18:49 (UTC)Responder
      • Isto recórdame unha discusión que tiveron uns amigos sobre as patacas, un falaba das bondades, con razón, da pataca galega, por ser de aquí, porque os produtos galegos son bos, e o outro dicía que a pataca era americana, que a mellor pataca sería a americana pois. Ambos os dous tiñan razón. A pataca non é galega, pero conta cunha denominación de orixe (IXP lle chaman) porque realmente o merece, e non se pode entender a gastronomía galega sen patacas. Entón, bueno, quero dicir, que hai que explicar ben a orixe do termo, pero que en calquera libro en galego pode aparecer perfectamente o termo, e aquí, pois terá que aparecer como unha entrada en galego, talmente como no wiktionary en inglés aparece como inglesa. Son termos técnicos que se os desbotas directamente como galegos, deixas o galego coxo. Son estranxeirismos. Eu véxoo así, aínda que quizais me trabuque...--Calq (conversa) 19 de marzo de 2015 ás 23:55 (UTC)Responder
Volver á páxina "filet mignon".