Conversa:mión
Coido que o étimo é medione, e tamén para o seu sinónimo miñón ; sei que un sufixo -olu pode chegar a dar -ón, como en *monasteriolu > Mosteirón (topónimo), pero aquí é de medione. Tentarei de buscar bibliografía de apoio - Montes.
perfecto
editar- espéroa con ansiedade
- o e-Estraviz non dá etimoloxía; no Xerais laranxa non está
- non sei como, pero habería que habilitar un lugar para cuestións etimolóxicas: nas Conversas teño medo de que queden perdidas ou esquecidas
- podes engadilas sen medo no texto, entre a lingua {'{-gl-}-} e a categoría gramatical. Se non estás seguro/a ponlle probablemente/posiblemente de xeito provisional (a Wikipedia enteira é un proxecto inacabado, sempre sen fin: de feito, como calquera dicionario)
- igual interésache isto
- puxen unha en tañeira que me parece máis probable, pola vogal da primeira sílaba; o Xerais recolle taño como recipiente para cereais, podería ser cognado?.
- se te rexistras podo deixarche mensaxes e debatirmos etimoloxías máis doadamente
Grazas polo traballo e avísame para o que precises. Sobreira (parlez) 21:08, 19 decembro 2007 (UTC)
resposta
editarEstimado Sr. Sobreira:
- Por desgracia aínda que levo meia tarde buscando non atopo agora mesmo *medione > mión, sí o seguinte: hai catro posibles étimos para todo o grupo de sinónimos (mión - miñón - muíl - mil - miúlo, etc), que van desde 1) monile, REW 5660 ; 2) medullu / medulla (p.ex. García de Diego) ; 3) medianu, e aínda, 4) modiolu, cfr. Fernández García, Etnografía del Valle de Ancares, Verba, Anejo 10, páx. 234 con n. 442.
A 1ª admítea Porto Dapena, El gallego hablado en la comarca ferrolana, p. 99 infra: monile > mil "pieza del carro"; semánticamente nada teño que obxectar; explica ben muíl, mais non coido que poida explicar as variantes minle, milde, que se poden explicar mellor desde *medianile. Este a súa vez explica menxil / minxil "peza traveseira no arado", que está conectado.
A 2ª, medullu, é sen dúbida a orixe de meolo, miúlo, molo, e, incluso, miúl (cóstame admitir a queda do -u final, non é regular). Mais dubido que poida explicar mión, meón, miñón, e asimilables; se *monasteriolu > Mosteirón, porque no paso intermedio houbo un *mosteirô con nasal final que desenvolveu -on; para chegar de medullu a mión habería que supor *medulone, o que trae dificultades para explicar -l- por -ll-.
Medianu ten o sentido do "que está no medio" (p.ex., en Serra Mediana); en apoio de *medione, Menéndez García, El Cuarto de los Valles, I, p. 59, explicou os topónimos Busmión, Rumión e Balmión, como procedentes respectivamente de bustu, rivu e valle + *medione, por medianu. O estudio de Menéndez García refírese a un dialecto occidental asturiano xusto confinante con falas galegas. O paso de mión a miñón non oferece maiores dificultades.
A respeito do seu convite para me rexistrar, é posible que o faga máis adiante. Gracias. De todos xeitos, para vde. é doado conectar conmigo. -- Montes, 20 decembro 2007