Sobreira
Ola
editar- Ola!, Sobreira, moi boas. A verdade é que hai tempo metín unhas cantas entradas novas case a pelo e cansei un pouco (100 novas ou cerca debín facer), e estes días estiven argallando un pouco, e mellorando algunhas, porque vexo que hai moitas que poñen completar (o significado). Dá un pouco lástima que o dicionario galego estea algo estancado desque chegou ás 15.000 entradas, pero é o que hai. Agora contesto as preguntas.
- En xeral traballei a pelo, só que usaba algún modelo de sustantivo, adxectivo e verbo para non teclear todo, porque o modelo desas tres clases de palabra serve para moitas. Iso facíao cando me puxen en serio aí atrás, estes días máis ben estiven argallando (no sentido de enredar e non no de idear).
- Paréceme ben usar o que sexa (Access p. ex.) para aforrar traballo, porque a informática é para facer máis cousas traballando menos. Eu non controlo moito o Access, teño entrado nel e curioseado un pouco, pero nunca traballei en serio con el.
- Non sei nada de listados, índices ou vocabularios que non teñan dereitos de autor (síntoo).
- No de repartirmos traballos ou compartir informacións ou atallos, paréceme unha moi boa idea, ben, tu xa a aplicache, mais non quero implicarme en nada moi serio porque me custa ser constante (agás que encontre satisfaccións persoais facendo melloras significativas con moi pouco tempo empregado nas tarefas). Mais, dialogar e facer propostas está moi ben. Xa vexo que tu tamén andas liado, e iso non é mau.
- Ao mellor falar na Taberna ou deixar algún comentario podería estar ben, pois sempre podería implicarse algunha persoa máis (sería unha sorte).
Un saúdo e moita saúde, Sobreira, --Xoán Carlos Fraga 20:09, 25 novembro 2006 (UTC)
- Pois paréceme que estás dándolle unha boa mellora ao Galicionario, moito ben. Pois no que respeta a
traballar en equipo ou compartindo ideas, paréceme ben (repito o dito na mensaxe anterior, xa o sei, pero son un experto en me repetir). Se vexo ou penso en algo interesante, xa cho digo. Veña, un moi cordial sáudo (penso que na orixe da palabra saúdo ten algo que ver a saúde, digo eu), veña, cóidate. --Xoán Carlos Fraga 20:56, 25 novembro 2006 (UTC)
Grazas
editarLevaba uns días sen pasar por aquí e cando entrei hoxe vin o gran traballo que estás facendo. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevert 14:32, 26 novembro 2006 (UTC)
Prebot
editarNos próximos días configurarei a Prebot para que traballe tamén no Galizionario, podes usar a páxina de Prebot aquí para deixarlle tarefas. Semella que imos ter moito traballo con maiúsculas e minúsculas. Un cordial saúdo. --Prevert 14:46, 26 novembro 2006 (UTC)
Vocabulario
editar- Ola, Sobreira. Curioseando, deime de conta de que teño un listado de léxico d´Os vellos non deben de namorarse (unhas 45 palabras), confeccionado por min mesmo e co significado explicado. Igual se pode aproveitar algo. Un saúdo.--Xoán Carlos Fraga 13:37, 27 novembro 2006 (UTC)
Bot flag
editarXusto meu, eu non a dera atopado :D. Grazas! --BaNjO tell me 10:21, 30 outubro 2007 (UTC)
Bot
editarOla Sobreira, en canto teña un momento xa che aprendo a usar o bot. Grazas por axudar a revivir o Galizionario. Un cordial saúdo. --Prevert 20:39, 30 outubro 2007 (UTC)
saúdos
editarOla, Sobreira. Tentarei seguir as túas indicacións sobre maiúsculas e minúsculas. Quero darvos ánimos a ti e a todos para que participedes neste proxecto, agora algo parado, que a min me ilusionou moito durante máis dun ano. Agora non teño tanto tempo libre, mais tentarei contribuir no que poida. Un saúdo.--Aricum 17:48, 1 novembro 2007 (UTC)
Python e Benvida
editarSobre Python: Non é preciso aprender Python para facer funcionar o bot.
Sobre Benvida: Penso que non hai ningún modelo para as benvidas, polo menos que lembre neste momento. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:24, 2 novembro 2007 (UTC)
Nomes latinos
editarEstaba revisando o modelo para aves e decateime de que as entradas dos nomes latinos están en minúscula, imos ter que engadir movelos a maiúscula á cola de tarefas dos bots. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:32, 3 novembro 2007 (UTC)
- Sorry, non o vira. Quedo á espera do tema dos superíndices —un bo descubrimento—. Greetings to Botsobreira. Un cordial saúdo. --Prevertgl 01:32, 4 novembro 2007 (UTC)
Fixen algunhas probas xa che informarei dos avances en cando teña un pouco de tempo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:57, 5 novembro 2007 (UTC)
-gl-
editarOla, Sobreira. Encantado de ter un compañeiro "dicionarista". A ver se entendo: a maioría das palabras non precisan ligazón á Galipedia, por tanto, o modelo -gl- pasará a non ter esa ligazón. É as que si o precisen serán cambiadas por un bot a -glref-. Semella boa idea, o que non sei é como o bot vai diferenciar unhas de outras, non entendo moito de bots, mais se ti o tes claro paréceme unha boa idea. a mágoa, e decátome agora, revisando artigos, é que hai moitas entradas sen -gl-, por exemplo no Wiktionary:Apéndice de anatomía. o teu bot sería quen de introducirlle o modelo axeitado? Alédome de terte por aquí. Un saúdo. Aricum 16:10, 6 novembro 2007 (UTC)
Pronuncia
editarOla, Sobreira, quería pedir a túa opinión sobre onde se debería colocar a pronunciación das entradas no modelo de artigo. Eu non entendo de fonética, mais deberiamos ter en conta o seu lugar para futuros dicionaristas. Creei o modelo pronuncia seguindo o exemplo do español, e coloqueino provisionalmente en galego para ter unha idea do que fai se existe a pronuncia, tamén o puxen en átomo para ver o que fai se non temos a pronuncia (categoriza a palabra). En principio, a fonética está situada despois de -gl-, agás en galego debido a ese novo modelo -glsm- que non me permite colocalo mellor. A ver que che parece :). Un saúdo.Aricum 22:04, 9 novembro 2007 (UTC)
OmegaWiki
editarOlá. É só para te dizer que já podes editar palavras no OmegaWiki. Abraço, 85.243.21.244 12:50, 11 novembro 2007 (UTC) User:Malafaya
-etim-
editarOla, xa me decatei de que as entradas antigas se marcan na categoría sen etimoloxía, aínda que teñan a etimoloxía fóra. Non é malo. Así témolas listadas e podémolas amañar(metelas dentro dos [ ] ), hai unhas catrocentas, non son excesivas para un cambio manual. Pero antes de cambiar nada debemos estar dacordo co modelo de artigo que desexamos, para non cambiar 50 veces a mesma cousa. A min gústame a etimoloxía nunha mesma liña. Podémoslle eliminar o punto de lista. Para a defición, creo que é mellor números de lista (pode haber varias dentro da mesma categoría de palabra) e sen debuxo. En xeral, gústame o modelo que estás a deseñar en User:Sobreira/modelo. Un saúdo.Aricum 11:07, 13 novembro 2007 (UTC)
notice on de.wiktionary-mainpage-talk
editarOla Sobreira, thanks for the message, I answered You there, un cordial saúdo, --paxaro (:> )=| 20:57, 16 novembro 2007 (UTC)
Un novo template?
editarOla, Sobreira. quería facerche unha consulta lingüística, parece que ti controlas bastante diso. Estiven revisando algún dos artigos que fixen e atopei o seguinte problema en entradas como golpe de estado, estado federal, estado de excepción,etc, que califiquei como expresión co modelo -expres-. Tamén hai entradas como frauta de Pan, frauta traveseira, instrumento de vento ou rhythm and blues Que califiquei como substantivos???. A pregunta sería: non era mellor chamarlles sintagma nominal?, Expresión?, Sustantivo femenino compuesto???? (é a forma bastante longa usada polo wikcionario español) ou quizais outra forma?
Tamén estiven pensando no modelo de artigo, a última mensaxe que me enviaches, mais, síntoo, aínda non me decidín por ningunha opción, non sei que facer, igual se precisaba a opinión de máis dicionaristas. Un saúdo.--Aricum 12:04, 19 novembro 2007 (UTC)
Ola Sobreira. Botsobreira foi aprobado en Wiktionary:Bots/Peticións de aprobación, agora ten o status de bot no Galizionario. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:00, 20 novembro 2007 (UTC)
Aricumbor
editarOla, Sobreira, alégrome de terte por aquí outra vez. Teño unha pequena cantidade de información organizada (definición, termos relacionados,) que penso subir co bot (cando sexa quen de poñelo a andar que de momento non son, fállame o login.py) Que sorpresa tes? Sorpréndeme, profabor :)Aricum 23:25, 28 novembro 2007 (UTC)
Bandeiras
editarQue che parece o sistema que teñen no proxecto francés para marcar as linguas? Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:56, 29 novembro 2007 (UTC)
- :-) Non o dixen porque non me gustara, dixeno porque estaba vendo uns interwikis e paréceume boa idea que a lingua funcione como un separador, máis nada. Por iso preguntaba, non para que desfixeras o traballo que levas feito que me parece moi bo, non fai falta dicilo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:27, 29 novembro 2007 (UTC)
vede tamén e ver tamén
editarBoas meu. Creo que xa está o que me pediches, pero por si acaso revisa se podes. Difícil non foi, pero levoume un chisco de tempo dar cunha expresión regular que me servise para aforrar traballo e poñer o comando do bot todo nunha liña :). Se necesitas algo máis ou ai que dar outra pasada avísame. Un saúdo --BaNjO tell me 23:48, 30 novembro 2007 (UTC)
substantivo, femenino
editarCreo que está feito, botalle unha revisada por si acaso :) --BaNjO tell me 20:16, 6 decembro 2007 (UTC)
Lamia
editarOla, Sobreira. Estiven mirando a entrada lamia. Estiven buscando algún exemplo no que se precisasen dúas etimoloxías na mesma páxina. Non hai moitas, a maioría das palabras non precisan dúas etimoloxías, aínda que si hai algunhas. Para eses casos minoritarios eu proporía facer como fan os dicionarios, exemplo Xerais laranxa: dúas entradas separadas nunha mesma páxina. Na mesma páxina aparecería copar coa marca {{gl}}, {{etim|a que corresponda}}, definición, etc. Máis abaixo aparecería copar repetindo {{gl}}, {{etim| outra distinta}}, definición, etc. Vou facer a entrada copar para que o vexas máis claro, a ver que che parece, Un saúdo.Aricum 11:27, 20 decembro 2007 (UTC)
- Teño un novo apéndice case preparado, cunhas 300 palabras aprox., para subir co Aricumbot. Antes de subilas vou esperar a ver se chegamos a un consenso:). un saúdo.Aricum 11:41, 20 decembro 2007 (UTC)
Formato
editarOla, Sobreira. Esta ben o que dis e moi interesante. A miña idea do Galizionario está baseada nas posibilidades que "eu" podo levar a cabo. Isto é, non me plantexo facer artigos cunha estrutura moi complexa, porque non lle podo adicar a isto todo o que me gustaría e como non hai máis xente traballando os artigos son máis ben cativos. Por suposto que a túa proposta é a máis correcta, a que abrangue ao maior número de entradas, máis a maioría das entradas que posúe o dicionario son do tipo de galaxia, unha definición, un par de termos relacionados e apenas máis nada. Estou intrigado co da túa base de datos :) Anímote a facer unha morea de entradas que amplien o dicionario. Así que, agardando que as túas contribucións sexan numerosas en cantidade e calidade, acepto a estrutura que ti propós. Se che parece ben edita a entrada copar coa túa estrutura, para saber eu exactamente como debe ser a partir de agora, e eu cando suba os meus apéndices seguirei ese modelo. Espero que as entradas antigas, as 17000 que temos, non sufran unha desfeita demasiado grande ao cambiar os modelos. Unha pequena cousa, na entrada conversa:copar pos en primeiro lugar a tradución en español, creo que debería ir primeiro a entrada en galego, xa que este é un dicionario de galego. Máis nada, Un saúdo.Aricum 19:13, 20 decembro 2007 (UTC)
Estimado Sr. Sobreira:
- Por desgracia aínda que levo meia tarde buscando non atopo agora mesmo *medione > mión, sí o seguinte: hai catro posibles étimos para todo o grupo de sinónimos (mión - miñón - muíl - mil - miúlo, etc), que van desde 1) monile, REW 5660 ; 2) medullu / medulla (p.ex. García de Diego) ; 3) medianu, e aínda, 4) modiolu, cfr. Fernández García, Etnografía del Valle de Ancares, Verba, Anejo 10, páx. 234 con n. 442.
A 1ª admítea Porto Dapena, El gallego hablado en la comarca ferrolana, p. 99 infra: monile > mil "pieza del carro"; semánticamente nada teño que obxectar; explica ben muíl, mais non coido que poida explicar as variantes minle, milde, que se poden explicar mellor desde *medianile. Este a súa vez explica menxil / minxil "peza traveseira no arado", que está conectado.
A 2ª, medullu, é sen dúbida a orixe de meolo, miúlo, molo, e, incluso, miúl (cóstame admitir a queda do -u final, non é regular). Mais dubido que poida explicar mión, meón, miñón, e asimilables; se *monasteriolu > Mosteirón, porque no paso intermedio houbo un *mosteirô con nasal final que desenvolveu -on; para chegar de medullu a mión habería que supor *medulone, o que trae dificultades para explicar -l- por -ll-.
Medianu ten o sentido do "que está no medio" (p.ex., en Serra Mediana); en apoio de *medione, Menéndez García, El Cuarto de los Valles, I, p. 59, explicou os topónimos Busmión, Rumión e Balmión, como procedentes respectivamente de bustu, rivu e valle + *medione, por medianu. O estudio de Menéndez García refírese a un dialecto occidental asturiano xusto confinante con falas galegas. O paso de mión a miñón non oferece maiores dificultades.
A respeito do seu convite para me rexistrar, é posible que o faga máis adiante. Gracias. De todos xeitos, para vde. é doado conectar conmigo. -- Montes, 20 decembro 2007
Presentación alternativa
editarOla, Sobreira. Estiven mirando a presentación alternativa de copar e atopo as seguintes dificultades: Cando un usuario busca unha palabra no dicionario o primeiro que necesita saber é se existe esa palabra e segundo cal é a definición desa palabra, despois a maiores pódeselle fornecer con máis información, conxugación, sinónimos, traducións, etc. Segundo esta idea, o máis importante é a definición, mais esta, na presentación alternativa aparece dispersa e difícil de atopar entre o resto da información (por exemplo a definición "acaparar, apoderarse de todo"). Tampouco sei se existen verbos que se escriban igual, mais que teñan unha conxugación distinta, dígoo para non duplicar a táboa de conxugación que ocupa moito e que cunha soa creo que chegaría. Despois a táboa de contidos (o índice de arriba de todo) é bastante incoherente: categoría gramatical e traducións son un subapartado de audio. Non sei como amañalo, os meus coñecementos de wiki son poucos. Para rematar dicir que, na miña opinión, e sendo este un dicionario de galego, a información que debemos achegar na entrada de castelán debe ser mínima, non nos interesa a etimoloxía, nin o audio, nin a conxugación de copar en español, tan só a súa tradución ao galego (tipo dos que só trae a tradución). Sei que son un "repunante", pídoche paciencia e desculpas, sei que che levou traballo modificar copar. Noutra mensaxe falarei do bot, a ver se che axuda. Un saúdo.Aricum 12:28, 21 decembro 2007 (UTC)
Como usar un bot
editarCreei esta páxina de axuda para explicar como usar un bot. Espero que che axude. Non dubides en preguntarme.Un saúdo.Aricum 14:08, 21 decembro 2007 (UTC)
Re: Uncategorized & bot
editarOla Sobreira. O de languageGl.php xa está arranxado. Con respecto ao CAPTCHA é un sistema para restrinxir o uso de sistemas automáticos. Cando fas o rexistro do bot no navegador aparece unha palabra que tes que poñer na ventá coa que estás traballando co bot, iso permíteche acceder ao sistema. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:46, 22 decembro 2007 (UTC)
Resposta
editarOla, Sobreira. Alégrame ver como recibes as miñas críticas (calquera outro consideraríao un ataque persoal), é un placer traballar contigo. Está interesante o formato de en:be, están ordenados por etimoloxía, e dentro de cada unha hai unha ou varias definicións. Pódese intentar. O das páxinas diatópicas(significa variante dialectal?) paréceme moi boa idea, o galego ten unha riqueza léxica que non debemos obviar só por non ser estándar. As formas incorrectas, tamén é boa idea, no Volga, aparecen en vermello, quizais nós teñamos que poñerlle unha caixa de advertencia: "Esta palabra é incorrecta", ou algo semellante. É unha mágoa non contar con máis dicionaristas para completar o apartado audio e pronuncia, quizais sexa mellor non poñelos sistematicamente. Moi bo o glosario. Noraboa polo bot que xa che funciona. Un saúdo.Aricum 18:41, 22 decembro 2007 (UTC)
duplice
editarOla Sobreira ! Non entendo ben como andan os wikidicionarios, pero botome pa que contribuyes a miña formacion persoal alimentando o Galizionario. A palabra duplice, que atopei no titulo dun libro que trata dos mosteiros duplices de Galicia, non na atopo no diccionario da RAG. Pensandoo ben supoño que Lansbricae ten razon e que debe traducirse por "mixte" en frances. Haber si podes sacar esto eiqui et pór a palabra en francès e en castelan. Por outra bando, teño problema coa a palabra / ou expression a caron, parecme que sempre entendo o que se di, pero non dou acertado como utilizala eu. Saudos e conto conti --Elvire 21:19, 4 xaneiro 2008 (UTC)
Artes da pesca
editarOla Sobreira ! Na Galipedia entendin ben o que son os artes da pesca. Vexo ben que eiqui esta no sentido N+ 4, que di a misma cousa ca RAG "Cada un dos diversos tipos de aparellos de pesca" ! Pero como traduces esta palabra en castelan e en francès ? Supoño que en francès sera "outils pour la pêche" ? Mais non me convence esta palabra. Elvire 22:54, 7 xaneiro 2008 (UTC)
- Carón, miña beizon, sintome lista, foronse as dubidas ! Ca ligazón de engins de pêche, vou ver si me axuda pa buscar algun interwiki no que estas facendo coas artes da pesca na Galipedia. De todas formas, persoalmente aprendin moito, cavilando con eso das artes da pesca que me era totalmente desconocido hasta agora.Elvire 00:17, 8 xaneiro 2008 (UTC)
- Pasei tempo descubrindo as artes da pesca, e como son mui novicia no tema e que non encontrei na wiki francesa ningun articulo xeral sobre o tema, pois non me sinto a capacidade pa investgar mais adiante pa pór interwikis na Galipedia. Sintoo moito porque o traballo que fas nise tema na Galipedia (visto ca pesca non é un detalle na identidad galega ) houbera sido pa mín obra util de espallalo pola rede desda Galipedia. No que toca a miña paxina de usuario, fixeches mui ben. Eu tentaba pór as caixas babel, pero non din feito. Saúdos, ata proxima Sobreira Elvire 16:50, 8 xaneiro 2008 (UTC)
xunta e carón
editarOla, Sobreira. Gústame moito como queda xunta e carón. Parece que case temos o formato definitivo. Quizais teñas razón e sería mellor baixar eses modelos para que se convirtan en subcategoría da categoría gramatical. Un saúdo. Aricum 10:32, 8 xaneiro 2008 (UTC)
Ola Sobreira ! Quixen adiantar un pouco e doume conta que non esta ben. Os interwiki funcionan coa palabra grafica é non ca traducion ??? Fixen erros ??? Pois agora non teño tempo pero xa volverei pa desfacer. Pido disculpa Elvire 23:12, 9 xaneiro 2008 (UTC)
proba
editarOla Sobreira ! O Galizionario é outra mundo de "gramatica" pa mín. Fixen esto : [1]. Si esta mal borra. Sinon dime si camiño ben. Pa aprender é mais facil pa mín de levar do diccionario galego ao francès. Si dou aprendido o xeito, logo tratarei de traer do frances ao galego. Pero teño que aprender con probas e ir de bagar. E alguen ten que axudarme, tamen pidolle a Prevert. Saudos Elvire 00:04, 11 xaneiro 2008 (UTC)
Grazas
editarOk. Grazas pola aclaración [[2]]. Furagaitas 20:08, 14 xaneiro 2008 (UTC)
- Grazas novamente; non controlo moito as regras de codificación porque o certo é que lle adico pouco tempo ó Galizionario, e as veces que por aquí me deixo caer normalmente só me paro no contido dos artigos. Desculpas polos fallos que a este respecto poida ter e convídovos ós que o tedes máis mamado a corrixilos.
- En breve espero subir unha lista de pronomes que teño a medio facer; a ver se lles encontras os erros que poidan levar ;)
- Ata outra. Furagaitas 17:31, 19 xaneiro 2008 (UTC)
ô temps suspens ton vol
editarOla Sobreira ! Moitisimas gracias, xa entendiches eres o meu profesor, si dou levado algun traballo eiqui, pois sera boo pa que millore o meu galego ! Volvendo a tarefa, disme : "dimanche como exemplo. Lembra: sempre en maiúsculas salvo nome propio (en francés parece ser que tamén para xentilicios). " Si ten que porse sempre en maiúsculas, porque que fixeches dimanche con minuscula ? Elvire 21:09, 16 xaneiro 2008 (UTC)
terceira, terza ...
editarPunto a punto profesor :
- Eu prefiro reservar as definicións para o artigo en galego (para o cal, se traes os datos doutro dicionario, hai que saber se eses significados se lle aplican en galego: cf. aujourd'hui vs. hoxe). O caso de hoxe é moi complicado, porque é unha palabra gramatical e non é un substantivo, pero con outras vese máis claro.: cavilo e de bagar integrarei.
- Normalmente non se inclúe o definido na definición : vou intentar cavilar examinando exemplos.
- Aínda vou facer de ti unha lexicógrafa de alto standing : eu lexicógrafa (lol), eso non, pero que vou aprendendo moito en lexicógrafia coa tua axuda mediante os wikis, e que eres un boo mestre, eso si que sí.
- Agora creo que é terza feira; tamén é corta feira. E *amañá nunca: mañá é tanto demain como matin. : Pa *amañá esta rexistrado. Mais eso de terza feira e corta feira ??? Pa ganar tempo corrixe tu no programa da miña paxina de usuario
Elvire 22:45, 16 xaneiro 2008 (UTC)
cavilo, cavilo ...
editar- 1 Podes corrixir sin ningun problema "mon plan de travail" : Usuario:Elvire (D:).
- 2 hoxe fixen hier (onte) trantando de respectar as formas prescitas polo mestre. Problematica : si non poño os diferentes sentidos da palabra como feito con aujourd'hui, pero que en lugar de eso poño un exemplo en francès debaixo da traducion en galego pois atopo o problema da traducion o galego que eu non domino. Concretamente po caso de hier, mira como traballo :
- CategoríaGramaticalQueCorresponda e CadroDeFlexión : si o que di o wiki francès e a miña cultura xeral corresponden, vou buscar os modelos na ligazon do Galizionario que me diches. Si un dia ocurre que eso non corresponde irei controlar nos dicionarios que teño na casa, ou renunciarei a facer o artigo.
- etimoloxia : miro a do wiki francès e controlo no Petit Larousse 2008, si as duas concordan pois vale po Galizionario.
- TraduciónÓGalego1, TraduciónÓGalego2... : a TraduciónÓGalego1 non é problema, xa que me puxen o traballo porque a domino. Logo as traducións ó galego que sigen pois miro o wiki frances e o dicionario da RAG que puxen nos meus favoritos. Si todo concorda pois vale. No caso de hier eu concordo con dous dos sentidos que da fr:hier (1 o dia que esta antes de hoxe ; 2 unha data do pasado). Logo vou consultar a RAG e a palabra onte soo ten un sentido. Entonces que xe poño a TraduciónÓGalego2 ? o meu problema non é de por un exemplo en francès, o meu problema e a palabra galega. E por iso que quixen evitar a dificultade con aujourd'hui dando as difinicios antes da traducion. Pero concordo co mestre que é millor como tu dis.
- Conclusion : deixei o artigo so con TraduciónÓGalego1 e o exemplo, logo mais tarde outro usuario ou eu mismo completara a TraduciónÓGalego2.
- Sabes ben estou pa traballar coas tuas directivas e aprecio moito aprender Elvire 18:58, 17 xaneiro 2008 (UTC)
- Conclusion : deixei o artigo so con TraduciónÓGalego1 e o exemplo, logo mais tarde outro usuario ou eu mismo completara a TraduciónÓGalego2.
- Si vou ben, alegrome. Tu non esquezas de vixiarme e de proporme xeitos de traballo e tarefas. Si non sei facer, xa cho direi Elvire 15:55, 25 xaneiro 2008 (UTC)
dubidas
editarOla Sobreira ! Sobre as traducions de carne ao francès non teño dubidas. Claro esta que viande et chair en francès son bastante proximos en moitos casos, e logo con esa proximidade de sentido que en certos casos son sinonimos podense fager moitos efectos de estilo. Pero tratandose de unha traducion recta y lexicografica non hai dubidas posibles :
- sentido n°1 : chair é a carne do home e dos animales, mismo vivos, comestible ou non comestible, por oposicios os osos. Niste caso si se fala de viande é a dos animales que é pa comer, e si se fala de viande pa do homme pois é un efecto de estilo pa despreciar a persoa humana.
- sentido n° 2 : viande, concordamos.
- sentido n° 3 : chair, acordate po mes de xuño : La chair des fruits rouges est juteuse et savoureuse, surtout au mois de juin.
- sentido n° 4 : chair, acordate : La chair est faible, "La passion conduit au péché de chair" Elvire 21:44, 31 xaneiro 2008 (UTC)
Pa volta
editarOla Sobreira ! A ver si cando volves podesme revisar as traducions das palabras de moedas eiqui w:fr:Histoire de la monnaie en Galice, que pretende ser unha traducion de w:gl:Historia da moeda en Galicia. Metinme neso pa co artigo galego levara interwiki e doume conta que non é tan facil ! Este galizionario eme boo pa pasalo ben, porque me gosta moita cavilar, pero non é moi produtivo pa que aprenda rapido o galego, xa que me pon dubidas a montos e tampouco eu son moi produtiva nil, tamen a causa das dubidas. O pouco que fago no diccionario frances costame moito menos. En resumen, resultame a misma problematica que coas wikis (lol). por sentimentos voume as terras galaicas, pero sei traballar millor nas terras galas (lol). Pois un bico, é que che pasen ben as faenas fora dos proxectos wikis, que a vida real é mais importante. Saudos Elvire 14:13, 4 marzo 2008 (UTC)
Dictionnaires asturiens
editarBonjour Sobreira. Merci pour le lien vers le Diccionario General de la Lengua Asturiana sur mas.lne.es. Je l'avais déjà vu, mais je ne l'utilise pas beaucoup, pour le moment. Par contre, je consulte souvent le dictionnaire en ligne Diccionariu de la Llingua Asturiana (DALLA) de l'Academia de la Llingua Asturiana.
Je constate d'ailleurs que l'Académie vient de mettre en ligne deux ressources très précieuses :
- la 6e édition révisée (2005) de ses Normes ortográfiques (fichier .PDF, 348 pages, 1028 Ko) ;
- la 3e édition (2001) de sa Gramática de la Llingua Asturiana (fichier .PDF, 444 pages, 1608 Ko).
Certes, cela n'est pas aussi précieux que pourrait l'être une reproduction intégrale du Diccionariu, mais c'est quand même très utile quand on cherche, comme moi, à se familiariser avec les langues ibéro-romanes... Hégésippe | ±Θ± 02:17, 7 abril 2008 (UTC)
Temas varios
editarMoitas grazas polos teus comentarios. Aí van os meus:
- En primeiro lugar, gustaríame deixar clara a miña opinión sobre os conceptos de galego culto/galego vulgar. Desde o meu punto de vista o criterio que segue a norma culta é un mero convencionalismo que frecuentemente non concorda cos criterios de corrección do galego popular. Eu son partidario de non caer neste convencionalismo e facer do Galizionario un dicionario máis aberto, máis obxectivo quizá (máis orientado a un dicionario de uso que a un dicionario normativo). A fin de contas, temos espazo de sobra para facer as matizacións que queiramos. A este respecto quero agregar que non me parece conveniente incluir na definición das entradas se unha forma é recomendable ou non; pódese deixar esta apreciación para un apartado de Observacións, indicando sempre que criterio se toma para facer esa observación.
- Sobre méndigo e probe, coido que é moi arriscado atribuir a súa evolución a unha regaleguización (por fuxir do castelán?), polo que non vexo correcto marcalas como hiperenxebrismos cando non teñen traza de selo... aínda que sexa por saír do paso.
- No caso de páxaro, ¿a coincidencia da tonicidade é explicación suficiente para marcar esta palabra como castelanismo? Se non me engano, etimoloxicamente esta palabra debería ser proparoxítona, como de feito o é en castelán e en portugués; deste xeito, o vulgarismo (ou hiperenxebrismo, seguindo o modelo do punto anterior) debería ser paxáro. Por outro lado, ¿quen asegura que a palatal -x- non é unha influencia do castelán?
- Da etimoloxía de fame pouco podo dicir, o latín non é o meu. Simplemente non me parecía adecuado tirala de famen, faminis como no seu momento se fixo, xa que no mesmo DRAE, do que saíu esa etimoloxía, dá para fame outra orixe. O Houaiss tira a forma portuguesa de fames, -is e de fami, -ei; non sei se estas dúas formas teñen un caso famem en común (de ser así, para saír do paso está ben), pero non deixa de ser (ou polo menos a min parécemo) unha solución de andar por casa.
- Sobre dicer e decer remítome ó primeiro punto. Son os creadores da Normativa os que deciden se estas formas son preferentes, vulgarismos, dialectalismos, lusismos ou arcaísmos. Non creo que nos debamos limitar a tachalas de incorrectas cando son formas plenamente galegas (máis quizá que dicir), e xa digo, menos na definición. Se lles puxen unicamente unha ligazón cara dicir non foi porque non fosen aceptadas pola Norma (que tamén), senón máis ben porque son moito menos habituais no galego, tanto falado como escrito. Caso parecido é o de périto.
- Quitando cuestións de preferencia (basta marcala como dialectalismo para saber que o seu uso é limitado), as formas ti e tu non son sinónimas máis que nalgúns casos, polo tanto penso que é conveniente aclarar o seu uso. Supoño que a diferenza entre as dúas formas a terás clara, pero poñerei un exemplo: é imposible a construción... A tu (=ti) non che gusta, pero a min si. Tu pódese substituír sempre por ti, pero ó contrario non; se non se especifica, calquera pode pensar que si.
- Sobre o glosario, está ben, ás veces non vén mal repasar algúns conceptos. A solución definición impropia paréceme rara pero curiosa; non sei eu se terei un bo criterio para usala. Sobre as entradas con maiúscula, hai moitas que son nomes comúns que habería que movelas para as correspondentes con minúscula (xa..., é máis estético que rendable); non sei que che parece o comentario que fixen na entrada Lúa. Non estaría de máis incluir no glosario algunhas siglas como VOLG, RAG, RAE, ALGa, TILG, CORGA,...
Aburiño. Furagaitas 17:36, 21 abril 2008 (UTC)
Arbres and Cie
editarOla Sobreira !
- "citronnier, charme, baobab, avocatier, abricotier... a súa tradución é "árbore" para todos? Non será baobab, limoeiro, pexegueiro, ...? " Tes toda a razón ! Era modo de ir rapido para que seibase que abro o artigo co sentido 1 de árbore.
- "Eu son máis partidario de poñer as traducións todas xuntas na(s) páxina(s) da(s) forma(s) galega(s). Así quen queira saber o significado debe ir alí e facemos que o galego sexa útil." Concordo conti, é por iso que ando engadindo e arranxando as traduccións nas formas galegas. Niste caso dos árbores són ten a utilidade, como xa dixen arriba, quixen ir rapida, e as traduccións son para axudar que outro usuario mais sabio ca mín complete o artigo correctamente.
Concordo conti, non é boa idea para ser un pouco maís rapida ! Sáudos Elvire 18:06, 24 abril 2008 (UTC)
Elementos e modelos homo
editarBoas. Grazas polo ofrecemento. Rematei cos símbolos dos elementos; quédame pendente crear os modelos homo de pa, ra, re, se, si, na, te, xe. Se queres rematar a faena, que seguro que che leva menos tempo que a min, adiante; se non xa acaberei eu noutro momento. Creo que me quedou algún homo máis por meter no índice. Furagaitas 01:04, 29 abril 2008 (UTC)
Listaxes
editarOla Sobreira. Bótalle unha ollada a isto a ver que opinas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:55, 9 xuño 2008 (UTC)
Ola Sobreira. Cómpre a túa axuda na conversa de Toponimia bilingüe. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:26, 24 xuño 2008 (UTC)
- [4] e Categoría:Carro
- categoría:Cheién-Galego/Galego-Cheién está baleira, pero Galego-Cheién Q non
O portugués non o alfabetiza como A China, mais tampouco A Corunha, O Porto,... Xa sei que o tema do artigo nos topónimos é problemático, pero se usamos como referencia o manual da UdV (Prevert dixit), supoño que o máis correcto será A China. Furagaitas* 15:24, 4 decembro 2008 (UTC)
Xa subín o rollazo no que andaba traballando. A ver qué che parece. Furagaitas* 18:26, 4 decembro 2008 (UTC)
- Xa vin os comentarios que fixeches. Noutro momento con máis tempo mirarei de aplicalos, pero este fin de semana seguramente non lle poida dedicar moito tempo. Non obstante, se te animas a traballar sobre o tema, adiante. Xa che darei o meu parecer. Aburiño. Furagaitas* 20:56, 5 decembro 2008 (UTC)
Bot para italiano
editarComo se fai iso? Como funciona? Aforra traballo? --Norrin strange 08:47, 8 decembro 2008 (UTC)
- Outra cousa: poderás ver que en sabugo fixen algún troco. Se pos a caixa de traducións no medio, os números das definicións altéranse. E mellor pór a caixa ao final e sinalar de que acepción e cada defionición. Podes velo en corazón. --Norrin strange 09:52, 8 decembro 2008 (UTC)
- Certo é que puxen iso na taberna... pero e que non ,e decatara diso!!! seica a solución é non numerar, non sei. En canto ao demais: gosto moito do teu modelo de artigo, pero a ver que che parece o que che comento: os grises de fondo dos idiomas, non sei, pór unha cor mais alegre, seica un lila ou... En canto ao resto paréceme ben, pero penso que as seccións de etimoloxía, pronuncia e demais non deben faltar. Tampouco sei porque pos galego dúas veces... --Norrin strange 19:12, 8 decembro 2008 (UTC)
- Vin sobre diferenciar grego e grego clásico: hai que facelo, teñen código iso distinto. (son norrin strange. )--193.145.249.213 12:54, 9 decembro 2008 (UTC)
Bandeiras e fin
editar
Boas Sobreira.
Creo que che debo unha explicación. Fixen o troco en ES e EN porque ben sei eu que de non facelo o debate non houbese chegado. Estamos a pedir unha votación. Porque non se fai? Xa sabes que eu estou contra as bandeiras, pero de poñelas poñamos as correctas. Iso é o que penso. Elvire di que pór as bandeiras de Castela e Inglaterra é violar o PVN. Eu penso totalmente o contrario: mantelas é violar o PVN.
Xa que logo: non vou voltar a poñelas, pídoche que o fagas ti. Agardo unha votación, e se podes avísame, xa que, até resolver este tema, considero que non paga a pena que continúe aquí. Verás, estou canso de que nos wikis en galego se diga "xa o discutiremos" porque discutirse discútese mais non se fan nunca as votacións: xa pasoume na Galipedia coa toponimia e cos nomes das equipas de fútbol. Por iso marchei da Galipedia. Agora marcho do Galizionario, polo menos até que este tema estea sobre a mesa.
Parabéns polo teu traballo. Foi un pracer colaborar convosco. Ah. e outra cousa, a ver se poder pór os dicionarios bilingües na portada.
Saudos, e até mais ver.
--Norrin strange 08:40, 10 decembro 2008 (UTC)
- Non teñas en conta esta mensaxe, as cousas xa rranxáronse.--Norrin strange 20:33, 10 decembro 2008 (UTC)
Ideas
editarOla. Tráioche varias ideas, a ver que che parecen.
- ¿Pensaches en pór o {{cvarn}} / {{cvarxn}} antes da categoría gramatical e eliminarlle a liña que ten actualmente?
- ¿Que dis dos espazos de nomes Portail e Annexe do Wiktionaire? ¿Teñen cabida no Galizionario?
- ¿E sobre crear un cadro de "Información do usuario" para as páxinas de contribucións como o que hai na Galipedia?
- ¿Pódense usar exemplos como os que puxen en sangue frío e a sangue frío? (Dígoo no referente a dereitos de autor)
Noutro momento dareiche a miña opinión sobre a túa proposta de modelo de artigo, e máis sobre mv. Furagaitas* 01:41, 11 decembro 2008 (UTC)
- Movín as respostas a estas preguntas da páxina de conversa de Prevert á miña, supoño que te trabucaches. Espero que non che importe.
- Respecto a (1): simplemente é cuestión estética. Así é como fan no wikt-af; a caixa aparece á altura da cabeceira de cat.gram., e aforra a liña horizontal que os separa no noso modelo actual. Teño algún exemplo na miña páxina de probas. Sobre a relación coa etimoloxía, penso que o mellor será repetir o cadro de flexión para cada cat.gram. (galego (lingua) non ten feminino, pero galego (adxectivo) si). Para resolver a repetición de cabeceira de lingua cando existen dúas etimoloxías, propoño unha cabeceira de orde intermedia entre a de lingua e a de categoría gramatical, como puxen na Wiktionary:Zona de probas#Exemplo. Esta cabeceira pode recoller o nome da entrada (ademais en páxinas longas faise recomendable repetir o nome); no es-wikt fano así.
- Respecto a (2): non diría que sexan precisos, pero si útiles. Poderían acoller as listaxes, dic. bilingües, páxinas de descrición de linguas,..., reservando "Wiktionary:" para páxinas relativas ó Galizionario en si (funcionamento,...). De todas formas recoñezo que hai temas máis urxentes.
- Respecto a (3): refírome a este cadro.
- Respecto a (4): comenteillo a Prevert.
- Respecto o de debater os temas da MV, a miña idea era, antes de abrir a votación, presentala ó público durante un tempo determinado, durante o que se debatería cada pregunta nas páxinas de conversa, daí as ligazóns "Comentarios".
- Furagaitas* 04:24, 11 decembro 2008 (UTC)
O modeliño deixa unha liña como as que subliñan as linguas nas páxinas. É dicir, deixa un:
Poderías quitalo? Moitas grazas. Un saúdo! -- Gallaecio 18:55, 11 decembro 2008 (UTC)
Modelo de artigo
editarOla. Estiven estudando o teu modelo e fixen unha proba con algúns cambios, principalmente estéticos. A ver que che parece, e a ver se entendín a túa idea.
Para evita-la repetición da cabeceira de lingua cando temos etimoloxías diferentes fixen o que che comentei onte.
Os despregables levan a mesma tabulación cós Exemplo (de feito os Exemplos poden ser tamén un despregable, en función do número e tamaño; tamén o probei o contrario cos sinónimos).
As definicións considero que deben ir numeradas (principalmente para indicarlle ó lector que hai máis de unha), pero quizá o método que usei non sexa o máis adecuado (unha porque habería que modificar tódalas cabeceiras cando se ampliasen definicións, e outra porque co tempo teriamos moitas ligazóns rotas ou trabucadas).
As marcas de campo semántico poden ir fóra da definición (como no es-wikt), ou tal como se fai agora pero en negriña.
O Véxase tamén leva unha caixa despregable. O seu contido é tema de MV; ata os sinónimos poden ir aquí. Eu prefiro separar as entradas (simples ou locucións) do que non son entradas (listaxes, ligazóns externas,...). Polo tanto, ou se crean cabaceiras sen nivel dentro do Véxase tamén, ou reservámolo para un dos tipos e crear outro despregable para o outro tipo. Ocórreseme crear un despregable Véxase tamén (p.ex. coas cabeceiras sen nivel Listaxes, Outros proxectos, Na web e Bibliografía) e outro Termos relacionados (p.ex. coas cabeceiras sen nivel Simples e Compostos). Ós refráns non lles daría cabida máis que nos Exemplo.
Poderíase crear outro despregable Información adicional para recoller informacións como a de Conversa:arelar. Tamén se poden listar aquí as formas non-estándar, pares mínimos,...
O contido de Etimoloxía, pronuncia e audio probei a poñelo con cabeceiras sen nivel (no exemplo, ó final), principalmente porque a etimoloxía pode ser unha sentencia longa, ou unha lista de sentencias (véxase Conversa:mión). Claro que estas sentencias se poden reservar para o despregable Información adicional.
Outros cambios: elimino a liña horizontal do {{CVarN}} e póñoo antes do modelo de categoría gramatical para que se visualice á mesma altura que a cabeceira. Na caixa de traducións os nomes de linguas van con negriña e maiúscula.
Teño que recoñecer que cada vez me gusta máis este modelo. Furagaitas* 00:55, 12 decembro 2008 (UTC)
Dous detalles máis:
Os exemplos de utilización das palabras en estranxeiro, pódense acompañar, ademais da fonte, da tradución do exemplo ó galego (dígoo porque non cho vin por aí).
¿Cómo se recollería a flexión dos verbos galegos? ¿Como despregable dentro de cada def.? (supoño que non; non obstante, se non me engano, cumprir tén conxugación diferente en función da definición). ¿Como sección con cabeceira de igual nivel cás Definicións? (habería que repetilo para cada función verbal). ¿Como sección con cabeceira de igual nivel cá categoría gramatical? (se tamén existe como substantivo non tén moita lóxica).
Furagaitas* 01:20, 12 decembro 2008 (UTC)
- Estou cada vez máis convencido de meter todo o que non sexan definicións e exemplos en caixas: bastante de acordo; pero... ¿que facer cando hai máis dun exemplo? ¿Non se usan despregables? E de usalos, ¿por qué usalos cando hai un só sinónimo?
- son bastante irreductible no de non numerar as definicións: non son irredutible, e recoñezo que pode dar problemas, pero en principio son máis partidario de numerar as definicións (seguramente influído polos dicionarios tradicionais).
- Sobre o de colorear as cabeceiras: tería que ver o resultado, pero non me apaixona moito a idea de encher a páxina de barras e cores. Preferiría pórlles ás caixas unha cor máis apagada. Por outro lado, hai que mirar de compatibilizar todo isto coa inclusión de imaxes de exemplo nas entradas/definicións.
- Tampouco son partidario de andar a poñer moitos niveis: os catro anteriores son abondo: vale, pola miña parte os catro niveis son suficientes, coa definición como nivel/unidade mínima. Se suxerín pór cabeceiras sen nivel dentro dos despregables foi por separar/clasificar diferentes tipos de información dentro dun despregable (que como tal creo que debería ir contraído por defecto); ademais, unha cabeceira con nivel non sería navegable desde o menú co despregable cantraído.
- ¿Onde meterías as marcas de campo semántico? Normalmente póñense antes da definición. ¿E as locucións non cres que poden ir dentro da caixa de 'campo morfolóxico'? O de recoller os refráns, eu deixaríao como ligazón a Wikicitas.
- Tanto o DRAE como o DIGALEGO de Ir Indo recollen todas as acepcións de cumprir baixo unha mesma etimoloxía (complēre); sen embargo... Cómpre ter coidado por se cumpre as súas ameazas.
- [ Furagaitas * ] 02:52, 15 decembro 2008 (UTC)
xentilicios
editarola Sobreira!
unha pregunta sobre o xurásico do Galizionario: cales son as fontes usadas para os xentilicios? Estaba mirando se era catoirán ou catoirense, e mirei que aparece catoirense, pero non aparecen fontes. Ti que levas tempo por aquí, saberías dicirme de onde se tirou a información? Non só neste caso, claro, refírome a en xeral.
Moitas grazas, e un saúdo. --Estevoaei 09:23, 12 decembro 2008 (UTC)
MV
editarMensaxe para Furagaitas e Sobreira.
Trato de ler e de comprender todo o que preparaDES para os votos co fin de votar intelixentemente. Fadedes un traballo enorme para mellorar o proxecto. Aínda que non lin todo detalladamente e non hei totalmente comprendido, permítome sometervos algunhas observacións aquí. En efecto non me sinto capaz de introducilas nas vosas páxinas de traballo dedicdas.
Non vexo se gardades o '''{{PAGENAME}}''' para cada entrada de lingua ? Non sei si é porque esqueceuse o se é por que non vos parace útil ? Eu vexolle moito merito e vos ?
Para a orde das traducións concordo con Furagaitas a orde alfabetica da lingua esi : alemán castelán catalán francés grego inglés italiano portugués. Sen máis por hoxe. Saúdos Elvire 11:38, 13 decembro 2008 (UTC)
Buenas Sobreira, si , creeina eu. Non sabía que podería provocar vandalismo. --Norrin strange 09:13, 14 decembro 2008 (UTC)
Sabías que...
editarOla compi. Vin que andaches cos "Sabías que". Por se non coñeces a súa existencia, preséntoche Wiktionary:Proxecto de Portada/Sabías que e Wiktionary:Proxecto de Portada/A palabra do día.
A ver se temos a sorte de verte máis a miúdo por aquí. Pola miña parte estarei ausente case todo o mes de maio. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 16:52, 2 maio 2009 (UTC)
Agradecería que, cando tiveses tempo, pasases pola Taberna a dar a túa opinión. Intento que vaiamos chegando todos a un consenso e ir plasmándoo nunha completa páxina de axuda ao estilo da da Wikipedia. Un saúdo! -Gallaecio 16:14, 16 maio 2009 (UTC)
Botsobreira e o italiano
editarBoas. Xa atopei case todas as entradas erradas da xeira do decembro pasado. A partir da lista Usuario:Sobreira/italiano1 fixen Conversa usuario:Sobreira/italiano1#Lista de erros. Entendo que os verbos pronominais lematizados na forma -rsi son incorrectos (aínda que noutros wiktionaries os recollan así), como tamén creo que sería incorrecto para o galego ou para o catalán (abalansar-se); quitando estes verbos, a única forma que tería un lema incorrecto sería repulsione (Fís.) (aparte estarían as redireccións ancora1 e ancora2).
Sumo isto á miña lista de tarefas pendentes, pero en principio deixarei unhas semanas de marxe antes de poñerme ó choio, por se ves esta mensaxe e tes outra idea ó respecto. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 18:38, 15 xullo 2009 (UTC)
Importar
editarOla, poderías importar algunha destas?--HombreDHojalata 18:57, 14 de xullo de 2011 (UTC)
Administración
editarOla, Sobreira. A comunidade do Galizionario estivo a valorar nas últimas semanas a función dos administradores do proxecto. A causa é a inactividade dos mesmo, feito que obrigaba á comunidade a pedirlle axuda a administradores globais ou stewards. Como membro que es dese grupo, gustaríanos saber se estás disposto a conservar os privilexios da administración e colaborar activamente coas tarefas propias dese grupo; para iso agradeceriamos que nolo comunicases na Taberna do Galizionario no prazo de tres semanas. A comunidade do Galizionario decidiu, de non recibir unha resposta positiva dentro dese período, pedir a revogación dos dereitos para as persoas implicadas. Sexa como for, esperamos verte polo Galizionario pronto, ben como administrador, ben como usuario normal. Recibe un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 18:31, 24 de outubro de 2011 (UTC)
RE:WS
editarPois a verdade non lembro de onde obtivera eses textos... se tes unha edición completa síntete libre de engadila. --Norrin strange (conversa) 22:39, 27 de abril de 2012 (UTC)