galego
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués galego, do latín Gallaecus ("un galego"), por sonorización de oclusiva velar inicial, simplificación de xeminada lateral e sonorización de oclusiva velar intervocálica, de Callaecus ("unha persoa dunha tribo do noroeste ibérico"), do prerromano ibérico, do protocéltico *kallī- ("madeira") ou do protoindoeuropeo *kl̥H-ní-s ("outeiro"), do protoindoeuropeo *kelH-, e un sufixo do latín *-aecus de orixe lusitana ou céltica hispana.[1]
- Pronuncia: /ɡaˈle.ɣʊ/ (estándar), /χaˈle.χʊ/ (dialectal), /ħaˈle.ħʊ/ (dialectal) (AFI)
galego (ms: galego; mpl: galegos; fs: galega; fpl: galegas)
Traducións
galego (ms: galego; mpl: galegos; fs: galega; fpl: galegas)
- (Xentilicio) Habitante de Galicia.
Traducións
Galego (habitante)
galego (sg: galego; pl: galegos)
- (Lingüística) Lingua románica falada en Galicia, no occidente de Asturias e de Castela e León e en tres concellos de Estremadura.
Termos relacionados
- galegada
- galegofalante
- galego-portugués
- galeguidade
- galeguismo
- galeguista
- galeguización
- galeguizador
- galeguizar
Traducións
Galego (lingua)
Portugués
- Pronuncia: /gaˈle.gu/ (Brasil) (AFI)
galego (ms: galego; mpl: galegos; fs: galega; fpl: galegas)
galego (ms: galego; mpl: galegos; fs: galega; fpl: galegas)
- (Xentilicio) Galego (habitante de Galicia).
galego (sg: galego; pl: galegos)
Referencias
- ↑ Moralejo, Juan J. (2008). Callaica nomina: estudios de onomástica gallega. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, páxinas 113–148. ISBN 978-84-95892-68-3.