pexegueiro
Grafías semellantes: Pexegueiro |
Galego
- Etimoloxía: de pexego, do latín persĭcus, "melocotoeiro".
pexegueiro (sg: pexegueiro; pl: pexegueiros)
- (Botánica) Árbore caducifolia da familia Rosaceae, de follas lanceoladas co bordo aserrado e flores de cor rosada, con cinco pétalos. O froito é o pexego ou melocotón, cunha soa semente de tipo drupa encerrada nun óso de madeira cuberto pola polpa.
- Nome científico: Prunus persica.
- Exemplo: Polo río abaixo vai/ vai un pexegueiro/ que leva pexigos/ no mes de xaneiro.
- Sinónimos: abrideiro, melocotoeiro, pexego.
- Termos relacionados: marmelada, pavía.
- Observacións: orixinariamente críase que proviña de Persia (de aí o nome) pero actualmente considérase orixinario de China, sendo logo introducido en Persia e desde aí á rexión mediterránea a través da Ruta da Seda.