Conversa:palmar
- Como verbo, non sei que dicir (o Estravís acéptao cos significados de empalmar ou furtar, pero a RAG penso que non o acepta -o Gran dicionario Xerais non o recolle como verbo-)
- Como adxectivo culto (derivado de palma), é unha entrada clara. Penso que é a que se debe deixar, e de momento eliminar o de verbo. Que dicides? --Xoán Carlos Fraga 22:05, 30 outubro 2009 (UTC)
- De acordo. O feito de estar marcada para completar, sen ningunha definición, paréceme motivo abondo para facer e desfacer nela o que queiramos. [ Furagaitas * ] 15:11, 31 outubro 2009 (UTC)
Iniciar unha conversa sobre "palmar"
As páxinas de conversa son o lugar onde a xente debate como facer que o contido de Wiktionary sexa o mellor posible. Podes usar esta páxina para iniciar unha conversa con outras persoas sobre como mellorar "palmar".