Conversa:porto

Não há discussões nesta página.

¿Temos fontes da etimoloxía e da pronuncia da acepción relativa á informática? [ Furagaitas * ] 9 de abril de 2015 ás 12:56 (UTC)

  • Non, que eu saiba. Falas de que puxen esa acepción con o aberto fronte ao o pechado do resto, e nese momento vino bastante claro, pois deriva do latín porta (segundo o wiktionary inglés), e o puxen con o aberto ao igual que porta, que é con o aberto, de feito en portugués dise porta... Con todo, teño moitas dúbidas e tamén podería incluso ter as dúas formas, non che sei... O da etimoloxía o puxen que derivaba do inglés porque o invento ten orixe norteamericana, ou polo menos foron os estadounidenses quen si estandarizaron moitos dos portos. Tamén teño dúbidas. Normal que preguntes...--Calq (conversa) 9 de abril de 2015 ás 16:00 (UTC)
    • O DRAG recolle a acepción na mesma entrada que os derivados de portus, e no dicionario de pronuncia non hai ningún porto con o aberto. Sen outras fontes, coido que o mellor sería seguir o modelo do DRAG. [ Furagaitas * ] 10 de abril de 2015 ás 00:12 (UTC)
      • Pois si, de feito o wiktionary en francés tamén o deriva de portus. Xa sei que os outros wiktionaries non son referencia ningunha, pero valen de guía ás veces, e outras para enredar, pero bueno... Só dicir que esta acepción no DRAG é unha actualización, que antes (7 de marzo de 2013, cando escribín as definicións de porto) non me lembro eu se estaba. Dígoo porque normalmente respecto e sigo o modelo do DRAG...--Calq (conversa) 11 de abril de 2015 ás 22:13 (UTC)
Volver á páxina "porto".