Conversa:tosco
O VOLGa non recolle a palabra Tosco. O Gran Xerais recóllea con marca de castelanismo e remite a rudo. Respecto a acepción de dialecto albanés... nin idea. ¿Que facemos? Pedro --Lameiro 13:41, 4 outubro 2008 (UTC)
- Eu penso que o VOLGa, aínda sendo a nosa principal referencia, non é unha panacea. A segunda acepción aparece recollida nas Wikipedias en galego, portugués e castelán. Deberiamos especificar qué fontes serían válidas para fundar as entradas do Galizionario, e despois tomar unha decisión ó respecto. Furagaitas* 16:12, 4 outubro 2008 (UTC)
- Paso a discusión á taberna (¿qué fontes son válidas para fundar as entradas do Galizionario?). Pedro --Lameiro 22:07, 4 outubro 2008 (UTC)
Iniciar unha conversa sobre "tosco"
As páxinas de conversa son o lugar onde a xente debate como facer que o contido de Wiktionary sexa o mellor posible. Podes usar esta páxina para iniciar unha conversa con outras persoas sobre como mellorar "tosco".