Conversa modelo:Sabías que/19 de agosto
A respeito de sabías que..., pescadería é un termo castelán
editarSó avisar de fundamentalismos polo "sonsonete", como diz o mestre J.J. Moralejo que dicía o sr. Caro Baroja: Pescado - no seu momento rexeitada polos comisarios lingüísticos -- está documentado en galego desde o século XIII (p.ex. Cant.Sta.María e documentos diversos-). Pescadería está desde o ano 1417 no que eu sei, e polo que me parece é tan derivado de pescar como o son pesca, pescador, pescadeiro, -a, pesco, etcétera. Que a Vde. lle gostaría que fose xa desde antigo pescadaría..., a min tamén, pero hai o que hai... Sr. Montes.
- Moitas grazas pola información; mais, como saberá, este proxecto réxese pola lóxica (creo eu) norma de seguir o VOLGa (aínda que tamén teñan cabida formas non normativas sempre que remitan ás normativas).
- Sr. Montes: teño visto a súa sinatura por máis páxinas deste proxecto, e vexo que é un libro aberto. Sería un pracer contar coa súa presenza como editor no Galizionario. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 17:30, 31 de xaneiro de 2012 (UTC)