Boas Alfonso Márquez ! Moita alegría de verte por acá ! Xa verás hai moito, e sobre todo as bases (os cinco piares e maís) que son igual que na Galipedia, isto é un proxecto irmán da Wikimedia Fondation, agás que non é unha enciclopedia, é un diccionario e na pratica cambian detalles na forma de presentar as entradas. Polo tanto é que outros usuarios cambien as túas edicións, pero nunca dubides que é de boa fé e que sempre podes irlle preguntar o porqué sen medo (e tamén é posible que teñas ti a razón, logo de conversar). D os que andamos estes últimos tempos podes pedirlle axuda a Furagaitas, Gallaecio, Xóan Carlos Fraga e a outros que xa verás, e eu estou a túa disposición con moito gusto. Non dudes en contactar outros usuarios e non esquezas A Taberna, que esta á túa disposición, que sexa para asuntos xerais ou porque non sabes bén a quen pedir cousas inda que sexan detalles. A ver si atopas prazer a colaborar aquí e vemomeste. Benvido Alfonso Márquez --Elvire 12:36, 17 de novembro de 2011 (UTC)

EmpeoramientoEditar

Boas Alfonso. Puxeches para borrar empeoramiento pero se te fixas verás que te equivocaches, porque o que se define é unha palabra en español e dáse a súa tradución ao galego. No Galizionario, como en calquera wiktionary de calquera lingua, hai palabras de calquera lingua, así nesta versión galega encontrarás palabras en calquera lingua coas súas traducións ao galego, e só cando sexa a palabra galega ou intraducible, a súa definición. Ocorre o mesmo nas versións doutras linguas do wiktionary, loxicamente coas súas respectivas linguas.[1] Saúdos e espero terche axudado en algo.--Calq (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 00:20 (UTC)