Marcos Dieste
Uniuse o 16 de xullo de 2024
Último comentario: Lameiro hai 4 meses no fío "Dereitos de autor"
Dereitos de autor
editarBoas noites, Marcos. Non podemos copiar unha definición do Dicionario da RAG (nin de ningunha outra fonte) porque ten dereitos de autor. Fíxate na lapela "Aviso legal" do Dicionario. Unha cousa é tomar unha fonte como referencia e a partir desa fonte -e mais doutras- elaborar unha definición propia. O feito de citar a orixe da definición como nota ó pé non abonda para saltarte a propiedade intelectual dos autores do Dicionario. Saúdos, Pedro Lameiro (conversa) 16 de xullo de 2024 ás 20:31 (UTC)