Wiktionary:Glosario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
forma e convencions
Liña 3:
*'''Encabezado''': v. entrada.
*'''Entrada''': Cada un dos textos do Galizionario que remeda o que se pode atopar nun dicionario para cada acepción (v. supra). Unha páxina pode ter varias entradas en diferentes linguas, e para unha mesma lingua pode haber tamén varias entradas.
*'''Forma''': No seu habitual sentido restrictivo, a forma gráfica. Dúas palabras con igual forma gráfica e distinta pronuncia, nunha ou diferentes linguas, chámanse [[homógrafo|palabras homógrafas ou homógrafos]]. No caso das linguas flexionais como o [[galego]] ou o [[polaco]], existen convencións para escoller a forma se usará de título de páxina, é dicir, baixo que páxina se inclúen os datos: para os distintos tempos e persoas dos verbos escóllese o infinitivo (e non ningunha forma conxugada nin o pronominal co pronome: *[[lavar]]se; en [[latín]] úsase combinado con outras formas), para os distintos xéneros e números dos substantivos e adxectivos útilízase o masculino singular, para os distintos casos das palabras que declinan elíxese o nominativo ou o caso recto, etc. Certas palabras usuais presentan tódalas formas (nos pronomes consta o nominativo '''eu''', o acusativo '''min''' ou o ablativo '''comigo''').
*'''Galifontes''': Proxecto de Wikisource en galego, irmán do Galizionaro, onde se recollen textos orixinais sen dereitos de autor. Albérgase en http://gl.wikisource.org.
*'''Galilibros''': Proxecto de Wikibooks en galego, irmán do Galizionaro, onde se recollen textos non orixinais sen dereitos de autor. Albérgase en http://gl.wikibooks.org.
*'''Galipedia''': Proxecto de Wikipedia en galego, irmán do Galizionario, con formato de enciclopedia. Albérgase en http://gl.wikipedia.org.
*'''Galizionario''': Versión galega do Wiktionary, o dicionario multilingüe, albergada e sostida pola Fundación Wikimedia.
*'''Lematizar''': Escoller a forma que será o título do artigo. Nos sinónimos lematízanse tódalas formas.
*'''OmegaWiki''': Proxecto en fase de probas de Wiktionary con interface multilingüe seleccionable (seleccionable) e estruturado como ''tesauro''. Albérgase en http://www.omegawiki.org
*'''Páxina''': Cada un dos documentos HTML que no Galizionario se aplican a unha forma determinada en calquera lingua.