Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎Imaxes
Gallaecio (conversa | contribucións)
Liña 184:
 
Boas, quería comentarte a respecto [http://gl.wiktionary.org/w/index.php?title=abadexo&curid=16922&diff=251160&oldid=250173 deste cambio que fixeches]. Só dicirche que non se poden poñer así as imaxes. No proxecto só podemos utilizar imaxes que estean cargadas no Galicionario ou na Wikimedia Commons ─preferiblemente neste último─, e ditas imaxes teñen que ser [[w:Contido libre|libres]]. Se non atopas unha imaxe que che valga na [[commons:Portada galega|Wikimedia Commons]], probablemente terás que deixar o artigo sen imaxe. Un saúdo! ─ [[Usuario:Gallaecio|Gallaecio]]<sup>[[Conversa_Usuario:Gallaecio|E logo?]]</sup> 22:45, 7 de novembro de 2010 (UTC)
 
== «{{gl|abeluria}}» e «{{gl|dixital}}» ==
 
En resposta a[http://gl.wiktionary.org/w/index.php?title=Conversa_usuario:Gallaecio&curid=38527&diff=251625&oldid=251582 o que preguntas]:
#Nos dicionarios en liña non hai as limitacións de espazo que poida ter un volume físico. Dende o punto de vista do espazo en bytes do texto adicional que resulta necesario, ao mellor un par de vídeos xa xeran un tamaño igual ao xerado polo uso de definicións en vez de referencias a sinónimos. O texto en binario non vale nada. Así que non, non creo que sexa un desperdicio de espazo, e en todo caso, xa se discutirá se nalgún momento nos poñen un límite. Pero iso non vai ocorrer (os discos duros teñen cada vez unha capacidade maior e un prezo menor). Así que, descartado o problema do tamaño, incluíndo as definicións podemos evitarlle ao usuario un “click” de máis, e ao mesmo tempo non dar preferencia a unha palabra sobre outras, pois a palabra coa definición estaría como dis nunha posición de “oficialidade”, deixando ás demais case como «raras alternativas». Deste xeito todas as palabras están ao mesmo nivel. En todo caso, se che segue a preocupar o espazo poderíanse crear modelos para as definicións e repetilos, pero sería un ''coñazo'' e para isto abonda con copiar, pegar, e facer cambios mínimos.
#Non, o único que hai é unha sinxela comprobación de que «abeloura» non aparece no VOLGa mentres que «abeluria» si. O que fixen foi ligar directamente «{{gl|abeloura}}» a «{{gl|abeluria}}». De ser «abeloura» unha palabra aceptada na normativa vixente, xamais utilizaría unha ''religazón'', senón un artigo de seu coa mesma definición que en «abeluria» (como che comento no primeiro punto).
Un saúdo, e desculpa o atraso na resposta. ─ [[Usuario:Gallaecio|Gallaecio]]<sup>[[Conversa_Usuario:Gallaecio|E logo?]]</sup> 14:26, 9 de novembro de 2010 (UTC)