elemento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Interwicket (conversa | contribucións)
m iwiki +nl:elemento
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{completar}}
 
{{-glref-}}
{{etim| Do {{orixe|la|gl}} ''[[elementum]]''}}.
{{-substm-}}
'''{{PAGENAME}}''' ''m'' {{VarN|elemento||s}}
#
# (completar)
{{-trad-}}
* {{es}} : [[elemento]]
ELEMENTO [ê]. (Do lat. elementum) s.m. 1. Entidade química fundamental, común ás diversas variedades dun corpo simple, así como ás combinacións dese corpo simple con outros corpos. Os elementos están formados por átomos da mesma clase. Sinón. elemento químico. V. átomo. 2. Cada un dos compoñentes fundamentais da Terra. O líquido elemento. 3. Compoñente dunha agrupación humana. O comando estaba formado por tres elementos. 4. Individuo, valorado positiva ou negativamente. É un dos mellores elementos do equipo. ¡Vaia elemento! 5. Cada un dos constituíntes físicos que, sumados, constitúen a esencia da climatoloxía, como as precipitacións, a humidade do aire, a temperatura do aire, a presión atmosférica e o vento. A forza dos elementos. 6. Cada unha das partes ou pezas que compoñen unha máquina ou un dispositivo. O rotor é o elemento móbil dun xerador eléctrico. ║ s.m.pl. 7. Fundamentos, nocións, primeiros principios das ciencias e artes. Elementos de xeoloxía. 8. As forzas da natureza en acción, esp. o vento e a auga. A furia dos elementos desencadeados. ║ Clasificación periódica dos elementos. Quím. Distribución dos elementos químicos en liñas e columnas que permiten observar as analoxías de propiedades químicas e físicas que varían periodicamente en función do número atómico. Débese ao químico ruso Dmtri Ivánovich Mendeléev (1869). Sinón. (moi us.) táboa periódica. ║ Elemento abiótico. Ecol. V. abiótico. ║ Elemento alcalino. Quím. V. alcalino. ║ Elemento alcalinotérreo. Quím. V. alcalinotérreo. ║ Elemento anatómico. Histol. Estructura elemental (células e substancia intercelular) constitutiva dos tecidos e órganos. ║ Elemento biótico. Ecol. V. biótico. ║ Elemento calcófilo. Min. Elemento químico que ten tendencia a concentrarse en forma de minerais sulfurados, como o cobre. V. calcófilo, 2º artigo. ║ Elemento criboso. Bot. Célula do tubo criboso do floema, delgada e alongada, con paredes así mesmo alongadas e con cribos nos seus extremos. A translocación de substancias ten lugar nos elementos cribosos. V. criboso, translocación. ║ Elemento de inserción. Xenét. Elemento transpoñible que non codifica para ningunha función coñecida e que, en xeral, ten un tamaño inferior a dous quilobases. V. elemento transpoñible. ║ Elemento de simetría. Cristalogr. Plano, eixe ou centro de simetría, é dicir, que repiten un número n de veces calquera motivo morfolóxico (cara, aresta ou vértice) ou estructural dun cristal. ║ Elemento de transición. Quím. cada un dos elementos dos grupos IIIa, IVa, Va, VIa, VIIa, VIII, Ib e IIb do sistema periódico. Sinón. metal de transición. ║ Elemento disociador. Xenét. Secuencia de ADN que pode inducir roturas e mutacións no punto do cromosoma no que está situada, e que tamén pode pasar a outra localización cromosómica. ║ Elemento esencial. Bioquím. Cada un dos elementos químicos necesarios, aínda en cantidades moi pequenas, para asegurar o mentemento estructural ou o funcionamento dos organismos animais. ║ Elemento filial. Xeol. Elemento producido pola desintegración radioactiva dun elemento preexistente. ║ Elemento mineral. Petrogr. Cada un dos minerais que interveñen na formación das rochas. Poden ser esenciais ou accesorios. ║ Elemento morboso. Patol. Fenómeno constante ou patognómico dun estado de enfermidade (febre, inflamación, dor, etc.). ║ Elemento nativo. Xeol. Elemento químico que aparece en estado libre (sen combinar con outros) como un mineral, como o ouro, a prata, o cobre ou o carbono. Os elementos nativos constitúen a Clase I na sistemática dos minerais. ║ Elemento químico. Quím. elemento, 1ª acep. ║ Elemento radioactivo. Quím.-Fís. Cada un dos elementos químicos con isótopos que se transforman espontaneamente en un ou en varios nucleidos, orixinando diferentes tipos de radiación, como o radio, o torio ou o uranio. ║ Elemento tafonómico. Paleontol. Calquera resto ou sinal dun organismo do pasado que é significativo e taxinomicamente determinable. ║ Elemento transpoñible. Xenét. Porción de ADN que posúe a capacidade de desprazarse a outro lugar do mesmo cromosoma. ║ Elemento traza. Quím. e Bioquím. Calquera elemento químico presente en organismos, no solo ou na auga a moi pequenas concentracións. ║ Elemento vascular. Bot. Cada unha das células mortas, alongadas e a miúdo delgadas, dos vasos do xilema. Están colocados extremo con extremo, con grandes ocos nas paredes terminais, a través dos cales pode pasar a saiba. ║ Elementos principais. Fisiol. vex. Elementos químicos que unha planta necesita en cantidades substanciais. Sinón. macronutrientes. ║ Os catro elementos. A terra, o aire, a auga e o lume, que na antigüidade se consideraban como constituíntes fundamentais de todos os corpos.
 
{{-es-}}