Terra de Montes
Galego
- Pronuncia: /ˈtɛra̝ðeˈmonte̝s/ (AFI)
Terra de Montes
- (Toponimia de Galicia) Comarca histórica situada entre as actuais provincias de Pontevedra e Ourense. Inclúe os concellos de Cerdedo (hoxe integrado no de Cerdedo-Cotobade) e Forcarei, na provincia de Pontevedra, mais Beariz, na provincia de Ourense. Ademais inclúe as parroquias de Sabucedo na Estrada, Morillas e Montes en Campo Lameiro, Caroi no antigo concello de Cotobade, A Barcia do Seixo na Lama e Santa María de Zobra no concello de Lalín.