Luís~glwiktionary
marrucho: forma dialectal propia do concello de Baiona, na Comarca de Vigo, para denominar á filloa de leite.
fillós (pl. filloses): forma dialectal propia de Baiona, na Comarca de Vigo, para denominar á filloa de sangue.
ghabexo: forma dialectal propia do concello de Baiona, na Comarca de Vigo, para denominar ao anciño ou angazo.
entroghallar: forma dialectal propia do concello de Baiona, na Comarca de Vigo, que implica desordenar, máis concretamente,! a comida do gando; ex.: Entroghallas toda a herba, xuntas puntas con canos! A palla está toda entroghallada, non hai nin por onde collela!
cho: forma dialectal propia do concello de Baiona, na Comarca de Vigo, para denominar a unha persoa coa que se ten confianza, sinónimo de "meu/miña", "tío/a". Exemplo: Ola, cho! a que andas?
chiño/a: forma dialectal propia do concello de Baiona, na Comarca de Vigo, para denominar a unha persoa coa que se ten confianza, semellante a "cho" pero máis afectivo, posíbel diminutivo de ghicho/a. Exemplo: Que, chiño! Canto tempo!. Anota dúas chiñas máis para a festa!