Usuario:Sobreira/GReLO
Rascuño de Wikiproxecto
editarTeño o pracer, a responsabilidade, o medo e mesmo a ousadía de propoñer un wikiproxecto do Galizionario chamado GReLO, que responde ás iniciais de "Grupo de R... e L... O... ". Res ipsa loquitur, dicían os latinos: "as cousas falan por si mesmas", neste caso as palabras. Preténdese que o Galizionario (como fonte de información nunca p... senón s... ) permita ós investigadores a consulta de léxico segundo ...
O nome parece pouco serio, pero espero que supoña un adianto nalgúns aspectos. Só tirarei da corda un pouco máis: cada artigo se chamaría ENGrUDO, que significa Elemento N... polo Grupo de Unificación de D... e de Onomasioloxía. Eu de momento rematarei a broma aquí (hai que ter sempre bo humor), non vaia ser que non se me tome en serio.
En realidade isto xa vén pensado dende hai case dous meses, pero durante todo este tempo estiven facendo o traballo suxo para que quen quixese traballar non tivese que pasar un choio que esixe algunhas doses de resistencia paciente, informática recompilación bibliográfica.
A oferta de lanzamento, como xa dixen, xa está preparada. Comezaremos no terreo da O... , e número de entradas que xa están preparadas para subirse calculo (aínda non xuntei todos) que é aproximadamente (e casualmente) 6666 artigos. Grazas á informatización, estes ENGruDOs están relacionadas entre eles e sempre referidos científicamente á súa denominación z... bin... Non sei moito en concreto de bots, pero teño a idea de que a subida de tantos ENGruDOs pode automatizarse.
Se tedes a mesma ilusión ca min nesta nova idea ou se levades un bot e sabedes como automatizar subidas de entradas, agradecería moito un comentario na miña páxina de discusión.
Léxico dun bebé de 10 meses
editarexpresión | significado | nivel de intro | tempo relativo de intro |
---|---|---|---|
baobab (pintado nun azulexo da cociña) | debuxo | activo | 7 |
bebé (en debuxos e fotos: identifica moitos) | debuxo | activo | 10 |
pé (os seus e os dos demais) | parte do corpo | activo | 9 |
ovella (pegatinas ó carón da bañeira: todas teñen un nome con "ea": Bea, Galilea Galatea, Tea Timotea, Exea Europea, Cinerea Cesarea) |
debuxo | activo (23/02) "bobeya" | 6 |
papá | persoa | case activo | 6 |
mamá | persoa | case activo | 7 |
MeToo (oso: léase "mítu") | xoguete | case activo | 8 |
burato (furado na parede) | xoguete | case activo | 6 |
piscina (= bañeira) | lugar | semipasivo (xa pasivo?) | 7 |
abaixo (só debaixo da súa mirada) | deíctico | semipasivo (xá activo?) | 9 |
detrás (só detrás del) | deíctico | semipasivo (xá activo?) | 9 |
Nena (nome dun animal) | persoa | pasivo | 3 |
man (só identifica as mans alleas) | parte do corpo | pasivo | 9 |
morfeico (trapo para durmir) | obxecto de transición | pasivo | 1 |
chupete (identifica moitos: 2 laranxas e 1 azul) | obxecto de transición | pasivo | 1 |
botella [de plástico] | xoguete | pasivo | 2 |
bola (só identifica unha de moitas; as outras son pelota) |
xoguete | pasivo | 5 |
roda | xoguete | pasivo | 6 |
Saxa e Mixa (unhas zapatillas-oso) | xoguete | pasivo | 6 |
moto/ciclo | xoguete | pasivo | 8 |
libro (temos 2: aínda non sei se identifica ambos pola palabra) | xoguete | pasivo | 7 |
Chispa (nome dun animal nun libro e xoguete adxunto) | debuxo | pasivo | 7 |
luz | interacción | pasivo | 7 |
onde [queres ir]? | interacción | pasivo | 7 |
vitamina / vitamina-na (tómaa tralo baño) | interacción | pasivo | 6 |
laranxa (evitamos usala coma cor ou cando non toca comer) | comida | pasivo | 6 |
colle / colle ti (para que coma da súa man) | verbo en imperativo | pasivo | 6 |
sube / subir (ó colo ou a outro sitio) | verbo en imperativo | pasivo | 7 |
toca (nun dos libros de xogo sobre a granxa, que incita a tocar; extrapolado a outras situacións) |
verbo en imperativo | pasivo | 7 |
senta (dende que é capaz de incorporarse, para que non se poña en posturas inestables) |
verbo en imperativo | pasivo | 8 |
vai ti (= gatea, non esperes que te leve eu; dende que gatea) |
verbo en imperativo | pasivo | 11 |
qax-qai (= fai golpes de 2 en 2; tamén para apagar-acender a luz) |
verbo en imperativo | pasivo | 10 |
colo | actividade | semipasivo | 7 |
teta | actividade | semipasivo | 9 |
comer | actividade | semipasivo | 7 |
reno | xoguete | semipasivo | 9 |
Emilio (pato de baño que rota: xoga con el na cama) | xoguete | semipasivo | 9 |
estudo (cuarto do PC) | lugar | semipasivo | 7 |
cociña | lugar | semipasivo | 7 |
parque [de xogo] (colchoneta con bordes, na entrada: xa lle gustou máis do que agora) |
lugar | semipasivo | 7 |
durmir | actividade | semipasivo | 7 |
plátano (só mencionable se toca comer) | comida | semipasivo | 6 |
Río (nome dun animal) | persoa | semipasivo | 4 |
pech'a man (para meter as mangas) | verbo en imperativo | semipasivo | 2 |
estira [os brazos] (para meter as mangas e perneiras: ultimamente négase) |
verbo en imperativo | semipasivo | 2 |
dobra [os brazos] (para sacar as mangas e perneiras) | verbo en imperativo | semipasivo | 2 |
pum (= golpea) | verbo en imperativo | semipasivo | 5 |
katakraxni (= onomatopea de golpe) | actividade | semipasivo | 3 |
O tempo relativo está en meses dende que naceu
O nivel de introdución é:
- activo: entende e vocaliza, moitas veces ben e outras veces mal
- case activo: entende e vocaliza poucas veces ben (intercambia nasais ou vogais, omite sílabas, cambia tónica)
- pasivo: só entende
- semipasivo: entende só en certos contextos