Galego

  Adxectivo

  •   Etimoloxía: Do latín caecu(m), "cego".

Definición

  1. Que non ve por estar privado do sentido da vista.
    • Exemplo: Na porta da igrexa, un home cego pedía caridade.
  2. (Figurado) Perturbado por algún sentimento excesivo.
    • Exemplo: A condesa estaba cega de odio.
  3. (Figurado) Dise dun coitelo, navalla, etc. sen fío.

  Substantivo

Definición

  1. (Patoloxía) Persoa que non ve por estar privado do sentido da vista.
    • Exemplo: A muller do cego, ¿pra quen se compón?.


  Substantivo masculino

Definición

  1. (Anatomía) Primeira parte do intestino groso, comprendida entre o remate do íleo e continúa co colon.


Portugués

cego

  1. cego.

Véxase tamén