Wiktionary:Administradores/Eleccións/Usuario:Gallaecio
Debate pechado. Por favor non faga edicións neste arquivo.
Apróbase por 6 votos a favor, 0 en contra e 0 neutros a elección de Gallaecio a administrador
- Posto que non temos políticas no Galizionario polo de momento, propoño como condicións para esta votación as seguintes (recollendo as que tivemos na última votación que fixemos) :
- Ter feito un mínimo de 150 contribucións válidas nos artigos para poder votar.
- Ter unha antigüidade mínima de 60 días, a contar desde a primeira edición e antes do inicio da votación.
- A elección farase por maioría simple.
- A duración da votación será de 10 días.
- Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:
Ademais diso, tamén podes usar:
- Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar ( engadindo ~~~~).
- A seguinte votación ábrese o 7 de novembro do 2011 ás 00h00 e péchase o 17 de novembro do 2011 ás 24hOO.
* Propoño ao usuario Gallaecio (Contribucións) como administrador segundo a conversa que levouse na Taberna.
- a favor
- Concordo --Xoán Carlos Fraga 09:32, 7 de novembro de 2011 (UTC)
- Concordo é importante para o Galizionario que Gallaecio teña as ferramentas de administrador. Niste proxecto, como nos outros onde traballa de arranque ten toda à miña confianza. Sei cas ferramentas vánlle ser mui útiles. --Elvire 17:05, 7 de novembro de 2011 (UTC)
- Concordo. Aínda que xa hai demasiado tempo que non edito nada no Galizionario (prometo emendar esta ausencia), son consciente do bo traballo de Gallaecio, e conta co meu apoio, naturalmente. Pedro --Lameiro 19:53, 7 de novembro de 2011 (UTC)
- Concordo. [ Furagaitas * ] 00:20, 8 de novembro de 2011 (UTC)
- Concordo --Norrin strange 10:07, 8 de novembro de 2011 (UTC)
- Concordo polo dedicación á mellora deste proxecto. Parabéns a Elvire polas propostas, por outra banda súmome á proposta para que Elvire sexa tamén administradora neste wiki. --Prevertgl 14:56, 8 de novembro de 2011 (UTC)
- en contra
- neutro
- comentarios
Coas présas nin asinei. Emendado o erro, sobra enumerar as cualidades de Gallaecio para o posto, para min probablemente o máis apto dos que traballamos actualmente no Galizionario: comprometido cos proxectos de software/coñecemento libre (entre eles este), bo coñecedor e recoñecido editor da Galipedia e doutros proxectos da Wikimedia, con coñecementos de informática e inglés, comedido, dialogante e, sobre todo, bo compañeiro. Conta co meu total apoio. [ Furagaitas * ] 00:20, 8 de novembro de 2011 (UTC)