Wiktionary:Como editar
Como crear unha páxina
editar- O primeiro é ver se alguén xa creou a páxina que ti queres facer.
- Crea unha páxina a partir dunha ligazón vermella, que significa que esa ligazón vai a unha páxina que aínda non existe e que ti podes crear. Existen outras maneiras de facelo (Mira isto), mais esta é máis sinxela.
- Unha vez aberta a ligazón, edita esa nova páxina, que terá por nome o mesmo da ligazón, escribindo na caixa de texto.
Facer ligazóns
editarNos proxectos wiki para moverte dunha páxina a outra utilízanse ligazóns, que se son azuis levarán a páxinas existentes e se son vermellas levarán a artigos por facer. Facer unha ligazón é a cousa máis doada: nunha páxina calquera, chisca na lapela "editar" e na caixa de texto simplemente pon o título do artigo que queres comezar entre corchetes: [[carballeira]], dando como resultado carballeira, que está azul porque xa existe ese artigo.
As ligazóns podes facelas nunha páxina relacionada co tema do teu artigo, ou ben, se non atopas lugar, no Índice Rápido da Portada, onde aparecen ordenadas alfabeticamente.
Como editar páxinas
editarOs artigos divídense en seccións deste xeito:
Cabeceiras | Como se fan |
---|---|
Sección Subsección Sub-subsección |
==Sección== ===Subsección=== ====Sub-subsección==== |
Dándolle a enter
non sucede nada, mais se insires un <br> |
Dándolle a enter non sucede nada, mais se insires un <br> farás un salto de liña. |
|
* Podes facer listaxes ** engadindo asteriscos. *** Se pos máis, ****creas subniveis. |
|
# Podes facer listaxes ## engadindo sostidos. ## Se pos máis, ###creas subniveis. |
As liñas horizontais fanse con 4 guións, non abuses delas |
As liñas horizontais fanse con 4 ---- guións, ---- non abuses delas ---- |