Wiktionary:O que o Wiktionary non é
Políticas e normas |
---|
Normas de conduta |
O Wiktionary é un dicionario libre. Dada a definición xeral de dicionario resulta un pouco complicado decidir exactamente que cousas caben aquí. Non obstante, temos unha boa idea de que cousas non pertencen ó dicionario, isto é, o que o Wiktionary non é e non debe ser:
Non é un dicionario impreso
editarIsto significa que non ten un límite de artigos, nin de tamaño dos mesmos. Pode (e debe) incluir ligazóns entre os distintos artigos e é actualizada continuamente.
Existe unha limitación para o tamaño dos artigos individuais que depende unicamente da velocidade do navegador usado e das esixencias de lexibilidade. Non obstante, os artigos dun dicionario dificilmente se verán afectado por esta limitación.
Non é unha fonte orixinal de datos
editarA información é obra de editores que procuran definicións e información noutras fontes e insiren aquí as entradas orixinais (redacción propia deles), ou completan, corrixen e complementan os xa publicados.
Non é un foro de discusións
editarMalia haber áreas para a discusión en cada páxina, e mesmo páxinas para intercambiar ideas da comunidade.
Non é un repositorio de sitios web
editarOu de duplicación doutros contidos. As ligazóns a recursos externos só teñen sentido cando amplían de maneira substancial o contido dun artigo ou fornecen algo que o Wiktionary non pode, como vídeos e imaxes interesantes mais con todos os dereitos reservados. Non é un obxectivo razonable ligar con todos os recursos existentes sobre un tema, senón só con aqueles, seleccionados, que achegan algo importante.
Non ten contido reservado
editarOs contidos inseridos deben estar no dominio público ou rexerse por licencias de uso do tipo GNU FDL.
Non é unha enciclopedia
editarPara iso xa existe outro proxecto, a Galipedia.
Non é un manual de software ou xogos
editarPara iso pode utilizarse outro proxecto, a Galilibros.
A pesar de ter contido libre e actualizado polos editores, o Wiktionary non é un espazo para reflictir informacións persoais.
Posibles medidas a tomar en caso de violación das normas
editar- Modificar o contido da páxina.
- Facer un redireccionamento.
- Comunicalo a outros editores ou aos administradores.
- Borre a páxina.