Galego

 
Un abei (do xénero Jacaranda) en plena floración

  Substantivo masculino

abei (sg: abei; pl: abeis)

  1. (Botánica) Árbore da familia das cesalpiniáceas, Poeppigia excelsa, propia de Cuba, de até 20 m de altura, con follas que se empregan para alimento do gando.
  2. (Botánica) Nome de varias especies da familia das bignoniáceas, pertencentes ao xénero Jacaranda, que son árbores de follas bipinnadas e flores brancas, azuis ou violáceas, das que se obtén unha madeira branca amarelada empregada en carpintaría. Orixinarias da América tropical, cultívanse como ornamentais, sobre todo Jacaranda coerulea, J. caroba e J. semiserrata.