xénero
Galego
- Etimoloxía: do latín genere, de genus, generis.
- Pronuncia: /ˈʃɛne̝ɾo̝/ (AFI)
xénero (sg: xénero; pl: xéneros)
- Conxunto de cousas ou seres que teñen unhas características comúns.
- Posible variedade ou categoría que se pode debullar de certas cousas.
- (Arte) Categoría na que se pode clasificar unha obra artística atendendo a trazos comúns de forma, contido, función ou estilo.
- (Gramática) (Lingüística) Trazo gramatical que permite repartir certas clases lexicais nun número pechado de categorías que responden a criterios ligados ao sexo, máis claro no caso das palabras que refiren seres animados. En galego sinala o masculino e o feminino, nos substantivos, adxectivos, pronomes e determinantes
- (Bioloxía) Taxon por riba da especie, é dicir, que agrupa un conxunto de especies con certos caracteres comúns; e que se inclúe nunha familia, orde e clase.
- (Matemáticas) Na topoloxía, propiedade de invariancia dun obxecto, tal como un toro, unha curva alxébrica ou unha recta proxectiva. Pode interpretarse como o número de buratos dunha superficie topolóxica.
- Cousa que é obxecto de venda ou compra.
- Sinónimos: mercadoría, mercancía.
- Tecido, tea.
- Conxunto de características diferenciadas que cada sociedade asigna a homes e mulleres.