interpretar
Galego
- Etimoloxía: do latín interpretāri.
- Pronuncia: /iŋ.teɾ.pɾe.'taɾ/ (AFI)
interpretar
- Explicar o sentido de algo, principalmente o dun texto.
- Traducir algo dunha lingua a outra, sobre todo cando se fai oralmente.
- Explicar accións, ditos ou sucesos que poden ser entendidos de diferentes maneiras.
- Concibir, ordenar ou expresar dunha maneira persoal a realidade.
- Representar unha obra teatral, cinematográfica, etc.
- Executar unha peza musical mediante a voz ou con instrumentos.
- Executar un baile con propósito artístico e seguindo normas coreográficas.
- (Dereito) Determinar o significado e o alcance das normas xurídicas.