Galego

  •   Pronuncia: [al.kanˈθaɾ] (AFI)

  Verbo intransitivo

alcanzar

  1. Ser suficiente.

  Verbo transitivo

alcanzar

  1. Chegar ata alí onde está [algo ou alguén que está afastado].
  2. Chegar ata alí onde está [algo ou alguén que vai diante].
  3. Poder coller ou tocar [algo que está a certa distancia].
  4. Coller e achegar ou entregar [a alguén] [algo fóra do seu alcance].
  5. Chegar a ter [algo que se desexaba ou se considera desexable].
  6. Ir dar [un proxectil] en [algo ou alguén].
  7. Chegar [algo ou alguén] ata [certa distancia, límite ou punto].

Traducións

Conxugación


Castelán

  Verbo transitivo

alcanzar

  1. Acadar, alcanzar (chegar ata algo afastado).
  2. Alcanzar, cazar, coller, pescar, pillar (chegar ata o que vai diante).
  3. Abranguer, acadar, alcanzar, atanguer, atinxir (coller ou tocar algo distante).
  4. Alcanzar (coller e achegar ou entregar a alguén algo fóra do seu alcance).
  5. Acadar, alcanzar, conseguir, lograr, obter (chegar a ter).
  6. Alcanzar (dar un proxectil en algo ou alguén).
  7. Acadar, alcanzar (chegar ata certa distancia, límite ou punto).