abellón
Galego
- Etimoloxía: de «abella».
- Pronuncia: [a.βeˈʎoŋ] (AFI)
abellón (sg: abellón; pl: abellóns (estándar e galego occidental), abellós (galego central), abellois (galego oriental))
- (Zooloxía) Macho da abella.
- (Zooloxía) Insecto himenóptero da familia dos ápidos pertencentes ao xénero Bombus, de tamaño mediano e corpo repoludo, piloso, e de variadas coloracións (en xeral, son negros con bandas amarelas), que producen un zunido característico ao voaren.
- Exemplo: As especies de abellóns máis frecuentes en Europa son Bombus terrestris e Bombus hortorum.
- Sinónimos: abesouro.
- Exemplo: As especies de abellóns máis frecuentes en Europa son Bombus terrestris e Bombus hortorum.
- (Zooloxía) Insecto coleóptero da familia dos escarabeidos.
- Sinónimos: abesouro.
- Antigo costume funerario no que se danzaba ao redor dun finado remendando o zunido do abellón2.