activo circulante
Galego
- Etimoloxía: composto de activo e circulante.
- Pronuncia: /akˈtiβo̝ θiɾkuˈlante̝/ (AFI)
activo circulante (sg: activo circulante; pl: activos circulantes)
- (Economía) Conxunto de bens e dereitos que unha entidade posúe co fin de convertelos en liquidez a curto prazo.