Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «dereito».
  •   Pronuncia: /deˈɾejto̝/ (AFI)

  Adxectivo

dereito (ms: dereito; mpl: dereitos; fs: dereita; fpl: dereitas)

  1. Que non se torce para os lados.
    • Exemplo: Esta liña non está dereita.

  2. Que está posto ou orientado, con relación ó corpo humano, ó lado contrario do corazón.
    • Exemplo: Na parte dereita do edificio están as oficinas.

  Substantivo masculino

dereito (sg: dereito; pl: dereitos)

  1. (Dereito) Conxunto de leis que regulan as relacións entre os membros dunha sociedade ou dun país e ciencia que estuda esas leis.
    • Exemplo: É un experto en dereito civil.

  2. Facultade, recoñecida legal ou moralmente, de actuar dunha determinada maneira.
    • Exemplo: Non hai dereito a que fagas iso. Xa ten dereito a votar.

  3. O lado máis perfecto, interesante ou considerado dun papel, dunha tea, etc.
    • Exemplo: Nesta folla non se sabe onde está o dereito nin o revés.

Traducións