afumadura

Galego

  •   Etimoloxía: de afumar

  Substantivo feminino

afumadura


singular plural
afumadura afumaduras
 
Produtos da matanza afumados
  1. (Alimentación) Técnica de conservación de alimentos que consiste en sometelos á acción do fume, que provoca a deshidratación dos mesmos. A maiores, os produtos volátiles contidos no fume engaden aromas e sabores característicos ós produtos afumados.
    • Observacións: O proceso pode ser en frío (a temperaturas inferiores a 60ºC) ou en quente (a temperaturas superiores a 60ºC). As madeiras, serrín ou virutas utilizadas han de ser de primeiro uso e con baixo contido en resinas; poden engadirse herbas aromáticas.

Termos relacionados

Véxase tamén