Galego

  •   Pronuncia: /aˈlɛɾʃe̝no̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

alérxeno


singular plural
alérxeno alérxenos
  1. (Inmunoloxía) Antíxeno responsábel dunha resposta inmunitaria de hipersensibilidade inmediata (alerxia), como asma, rinite alérxica, urticaria, eczema ou choque anafiláctico.
    • Exemplo: Desde hai anos é obrigatorio indicar a presenza de alérxenos na etiquetaxe dos alimentos.

    • Sinónimos: alergóxeno. (pouco usado)

Traducións