Galego

  Adxectivo

alergóxeno (ms: alergóxeno; mpl: alergóxenos; fs: alergóxena; fpl: alergóxenas)

  1. (Inmunoloxía) Que provoca alerxia.
    • Exemplo: Substancia alergóxena. Produto alergóxeno.

    • Sinónimos: alérxeno.

  Substantivo masculino

alergóxeno (sg: alergóxeno; pl: alergóxenos)

  1. (Inmunoloxía) Substancia que provoca alerxia.
    • Exemplo: Estivo en contacto cun alergóxeno.

  2. (Inmunoloxía) Extracto obtido de substancias que supostamente poden producir alerxia, destinado ao diagnóstico ou ao tratamento das alerxias.