Galego

  Locución substantiva feminina

aleta dificerca

 
Distintos tipos de aleta caudal: coa letra D, a aleta dificerca
  1. (Ictioloxía) Aleta caudal dos peixes cando está formada por dous lobos simétricos, formados polos raios dorsais e ventrais posteriores, respectivamente, separados pola columna vertebral, que se prolonga, sen curvarse na súa última porción, até a extremidade da cola. No seu estado de desenvolvemento embrionario considérase protocerca, e xefirocerca cando, durante dito desenvolvemento, a súa estrutura primitiva, simétrica, se atrofia, sendo substituída por unha aleta secundaria, así mesmo simétrica, formada por unha serie continua dos raios dorsais, como na anguía.

Termos relacionados