Galego

  •   Pronuncia: /amɛɾikaˈnismo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

americanismo (sg: americanismo; pl: americanismos)

  1. Condición ou carácter de americano (orixinario de América).
  2. Solidariedade ou identificación co americano, a súa xente, os seus países, as súas culturas.
  3. Estudo de América en calquera dos seus aspectos (xeografía, historia, linguas, cultura, etc.)
  4. (Lingüística) Expresión, palabra ou uso propios do español falado no continente americano.
  5. (Lingüística) Expresión, palabra ou uso que pertence a algunha lingua orixinaria de América, ou que provén dela.
  6. (Lingüística) Expresión, palabra ou uso que pertence ao inglés falado no continente americano ou, máis especificamente, en Norteamérica (Estados Unidos e Canadá).

Traducións