-ismo
Galego
- Etimoloxía: do latín -ismus, e este do grego antigo -ισμος, relacionado cos verbos en -ιζω e, ás veces, en -ιω, empregado para a formación de substantivos masculinos.
-ismo
- Definición impropia: Sufixo empregado no galego-portugués desde antigo pero, sobre todo, desde o Renacemento e, máis especialmente, desde o século XIX, para formar termos, entre outros, nos seguintes casos:
- nomes que indican actos, prácticas ou procesos, como en: criticismo, glaciarismo, hipnotismo, magnetismo, metamorfismo, etc.
- nomes que indican formas de acción ou de comportamentos, como en: animalismo, bestialismo, despotismo, macarthismo, etc.
- nomes que indican estado ou condición, como en: acromatismo, anfoterismo, cromatismo, polimorfismo, etc.
- nomes que indican formas de estado anormal ou condicións resultantes de un exceso, como en: alcoholismo, cannabisnmo, morfinismo, tabaquismo, etc.
- nomes que indican estado anormal ou condición caracterizada por semellanza con algunha persoa ou cousa, como en: mongolismo, etc.
- nomes que indican o seguimento duna doutrina, teoría ou culto, como en: budismo, calvinismo, cracionismo, cristianismo, darwinismo, estoicismo, evolucionismo, platonismo, tomismo, etc.
- nomes que indican adhesión a un sistema de clases ou de principios, como en: abolicionismo, comunismo, federalismo, feminismo, ecoloxismo, liberalismo, neutralismo, etc.
- nomes que indican características, trazos ou calidades, como en: anglicismo, coloquialismo, cultismo, galicismo, helenismo, latinismo, lusismo, tecnicismo, etc.