anádromo
Galego
- Etimoloxía: De ana- e o grego antigo δρόμος, -ου, -ο (carreira, percorrido).
anádromo (ms: anádromo; mpl: anádromos; fs: anádroma; fpl: anádromas)
- Que vai en sentido contrario.
- (Ecoloxía) Que na época da reprodución deixa o mar e migra para o río onde nacera [dise do peixe].
- Exemplo: O salmón a mais o reo son peixes anádromos.
- Exemplo: O salmón a mais o reo son peixes anádromos.
- (Ecoloxía) Por extensión, que realiza o desove en augas menos profundas do mar ca aquelas en que vive habitualmente, ou que se despraza cara a zonas lacustres máis superficiais ou remonta os ríos coa mesma finalidade [dise do peixe].
- (Fisioloxía) Que se transporta das partes inferiores ás superiores [dise do humor corporal].
- (Medicina) Ascendente [dise da dor].