carreira
Grafías semellantes: Carreira |
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués carreira, e esta do latín vulgar carrāria, derivada do latín carrus 'carro'.
- Pronuncia: /kɑˈrei̯.ɾɐ/ (AFI)
carreira (sg: carreira; pl: carreiras)
- Acción de correr as persoas ou os animais.
- {{exemplo|Tivemos que botar unha carreira para chegar a tempo.
- (Deportes) Competición de velocidade entre persoas que corren, conducen vehículos ou montan animais.
- Exemplo: Carreira de coches.
- Exemplo: Carreira de coches.
- (Deportes) Competición de velocidade entre animais adestrados, como galgos, avestruces, etc.
- Exemplo: Carreira de galgos.
- Exemplo: Carreira de galgos.
- Cada un dos servizos que fai un taxi ou un vehículo de aluguer transportando clientes dun punto a outro.
- Exemplo: O taxista fixo vinte carreiras no día.
- Exemplo: O taxista fixo vinte carreiras no día.
- Camiño estreito.
- Exemplo: Meteuse co gando por unha carreira para chegar ao prado.
- Exemplo: Meteuse co gando por unha carreira para chegar ao prado.
- Conxunto de estudos, particularmente os superiores, que capacitan a alguén para o exercicio dunha profesión.
- Exemplo: Empezou a carreira de avogado, pero aos tres anos deixouna.
- Exemplo: Empezou a carreira de avogado, pero aos tres anos deixouna.
- Profesión ou actividade que exixe unha formación académica previa e, ás veces, a superación dun concurso público para acceder a aquela.
- Exemplo: Seguiu a carreira das armas. Cubriron seu posto cun diplomático de carrera. Un médico con longos anos de carreira.
- Exemplo: Seguiu a carreira das armas. Cubriron seu posto cun diplomático de carrera. Un médico con longos anos de carreira.
- Curso profesional de relevo.
- Exemplo: A carreira dunha cantante. A carreira deste futbolista furou pouco.
- Exemplo: A carreira dunha cantante. A carreira deste futbolista furou pouco.
- Liña de puntos que se soltan nun tecido.
- Exemplo: Levas unha carreira nas medias.
- Exemplo: Levas unha carreira nas medias.
- Fileira de herba que se forma ao segar.
- Exemplo: Segou dúas carreiras coa gadaña.
- Exemplo: Segou dúas carreiras coa gadaña.
Observacións
Na 2ª e na 3ª acepcións o seu sinónimo é corrida.
Termos relacionados
á carreira, ás carreiras, carreira de Indias, carreira do émbolo, carreira do pistón, carreira de relevos, carreira do Sol, carreira fiscal, carreira xudicial, dar carreira a alguén, estar en carreira de salvación as ánimas do purgatorio, facer a carreira unha prostituta, facer carreira, nunha carreira, unha carreiriña dun can