Galego

  •   Pronuncia: /ak.θe.'ðeɾ/ ou /ak.se.'ðeɾ/ (AFI)

  Verbo intransitivo

acceder

  1. Consentir no que alguén solicita ou quere.
    • Exemplo: Accedeu á súa súplica.

  2. Ceder no propio parecer, convindo cunha idea do outro, ou chegar a un acordo.
    • Exemplo: Tanto me insistiu que tiven que acceder ao que me pedía.

  3. Entrar nun lugar, ou pasar a el.
    • Exemplo: Accedeu ao auditorio

      .
  4. Ter acceso a algo, especialmente a unha situación, condición ou grao superiores, ou chegar a alcanzalos.
    • Exemplo: Accedeu á presidencia da Deputación. Todos os nenos teñen o dereito de aceder á educación primaria e secundaria.