Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «grao».

  Substantivo

grao 1 (sg: grao; pl: graos)

  1. Cada un dos estados, situacións ou valores que pode ter unha cousa en relación de menor a maior ou viceversa.
    • Exemplo: Os distintos graos dunha xerarquía. Un alto grao de risco. A vítima presentaba queimaduras de primeiro grao

      .
  2. Lugar na escala da xerarquía militar.
    • Exemplo: Acadou o grao de coronel

      .
  3. Proximidade relativa de parentesco.
    • Exemplo: Sonche parentes de segundo grao

      .
  4. (Educación) Título que se consegue ao superar determinados niveis de estudos.
    • Exemplo: Grao de doutor. Obtivo o grao en Dereito

      .
  5. (Matemáticas) Cada unha das trescentas sesenta partes nas que se dividen a circunferencia e o círculo e coas que se miden arcos e ángulos.
    • Exemplo: Un ángulo de trinta graos

      .
  6. (Matemáticas) Expoñente máximo que ten a variable dun polinomio ou a incógnita dunha ecuación.
    • Exemplo: Ecuacións de segundo grao

      .
  7. (Física) Cada unha das divisións ou unidades dunha escala que corresponden a un sistema de medida, como o da temperatura ou o alcohol.
    • Exemplo: Unha temperatura de quince graos á sombra.

      .
    • Exemplo: O viño ha estar bo, pero fáltanlle graos.

  8. (Lingüística) Cada un dos tres modos en que se expresa a intensidade do adxectivo.
  9. (Xeoloxía) Unidade de medida da intensidade dun sismo.
    • Exemplo: graos Richter. graos Mercalli

      .

Termos relacionados

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «grao».

  Substantivo

grao 2 (sg: grao; pl: graos)

  1. Voluntade, gusto.
    • Exemplo: De bo grao comería estes pasteis, pero o médico non mo permite

      .

Termos relacionados