Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «gusto».
 
Esquema dunha papila gustativa

  Substantivo

gusto (sg: gusto; pl: gustos)

  1. (Fisioloxía) O gusto é un sistema sensorial que é parcialmente responsábel da percepción dos sabores, producida ou estimulada cando unha substancia na boca reacciona quimicamente con células receptoras situadas nas papilas gustativas da cavidade oral, principalmente na lingua, xunto co olfacto e a estimulación do nervio trixémino, determina o sabor dos alimentos e doutras substancias.
    • Exemplo: Os humanos teñen receptores do gusto nas papilas gustativas e noutras áreas, incluíndo a superficie superior da lingua e a epiglote

      .

Sinónimos

  1. Calidade das cousas que produce unha sensación nos órganos do gusto.
    • Exemplo: Esta froita ten un gusto amargo

      .
  2. Sensación producida nos sentidos ou no ánimo por algo que gusta.
    • Exemplo: gusto tomar o sol na praia. Con moito gusto vos convidaría.

  3. Facultade de saber apreciar a beleza, de distinguir o que é belo do que non o é.
    • Exemplo: Ten bo gusto para vestir

      .
  4. Maneira de apreciar as cousas cada un.
    • Exemplo: Temos gustos diferentes

      .
  5. Desexo irracional dunha cousa.
    • Exemplo: De pequeno cumpríanlle todos os gustos

      .
  6. Maneira de sentirse ou executarse a obra artística ou literaria en país ou tempo determinado.
    • Exemplo: O gusto grego. O gusto moderno. O gusto antigo

      .
  7. Maneira de apreciar as cousas cada persoa.
    • Exemplo: Os homes de cada país teñen gustos diferentes.

  8. Capricho, antollo, diversión.
    • Exemplo: Teño o gusto de coleccionr dedais

  9. Afección ou inclinación por algo.
    • Exemplo: Teño o gusto de ver os partidos de fútbol por televisión

      .