Galego

  •   Pronuncia: [saˈβeɾ] (AFI)

  Verbo transitivo

saber

  1. Ter coñecemento de algo.
    • Exemplo: Os seus pais xa saben que imos casar.
  2. Ter a destreza ou habilidade para facer algo.
    • Exemplo: Paulo sabe patinar desde os oito anos.
  3. Ter un conxunto de coñecementos sobre unha materia determinada.
    • Exemplo: Nesta escola os nenos saen sabendo inglés.

  Verbo intransitivo

  1. Ter un sabor determinado.
    • Exemplo: O puré sabe ben. O melón sabe a colonia.

Traducións

Castelán

  Verbo

saber

  1. Saber.

Portugués

  Verbo

saber

  1. Saber.