Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «célula».

  Substantivo feminino

célula (sg: célula; pl: células)

  1. (Bioloxía) Unidade autónoma básica dos seres vivos, dotada de vida, constituída polo menos por un núcleo rodeado de citoplasma, que está á súa vez envolto por unha membrana periférica.
    • Exemplo: Unha célula pode constituír un organismo por si soa: son os denominados organismos unicelulares, como a ameba ou o lévedo co que se fai o pan.

  2. (Figurado) Grupo de persoas que constitúen unha unidade dentro dunha organización, xeralmente política.
    • Exemplo: Unha célula do partido elaborou a estratexia política para comezar a actividade preelectoral.

    • Exemplo: A Policía cre que o atentado foi obra dunha célula terrorista illada.

Termos relacionados

célula eucariótica
célula procariótica