Galego

sentir1

  •   Pronuncia: [senˈtiɾ] (AFI)

  Verbo transitivo

sentir

  1. Percibir por calquera dos sentidos, agás o da vista, e en especial polo oído.
  2. Ter sentimentos, emocións ou sensacións.
  3. Mostrar congoxa ou arrepentimento por algo.
  4. Padecer os efectos de algo negativo.
  5. Discernir ou coñecer por medio da intuición.
  6. Ter sensibilidade para algo.

  Verbo pronominal

sentirse

  1. Atoparse conscientemente nun determinado estado físico ou psicolóxico.

Traducións

Conxugación

sentir2

  •   Pronuncia: [senˈtiɾ] (AFI)

  Substantivo masculino singular

sentir

  1. Opinión, sentimento.


Francés

sentir

Infinitivo Participio
sentir senti
  1. sentir.