pulmón
Galego
- Pronuncia: /pulˈmoŋ/ (AFI)
pulmón (sg: pulmón; pl: pulmóns)
- (Anatomía) Órgano par no peito, propio dos animais vertebrados, percorrido polos bronquios e bronquíolos. Nel realízase o fenómeno da respiración (o intercambio de gases). Ocupa a cavidade torácica, co corazón no medio, e divídese en lóbulos.
- Sinónimos: asadura, bofe, livián.
- Observacións: normalmente denomínanse en plural, como colectivo: pulmóns, asaduras, bofes, liviáns.
- Termos relacionados: pulmón de aceiro, pulmonía.
- (Zooloxía) Órgano do sistema respiratorio de certos moluscos gasterópodos terrestres.
- Termos relacionados: pulmonados.
Traducións
Traducións
Asturiano
- Pronuncia: /pulˈmoŋ/ (AFI)
pulmón (sg: pulmón; pl: pulmones)
Castelán
- Pronuncia: /pulˈmon/ (AFI)
pulmón (sg: pulmón; pl: pulmones)