Galego

  •   Pronuncia: /a.ˈkel/ (AFI)

  Demostrativo

aquel (ms: aquel; mpl: aqueles; fs: aquela; fpl: aquelas)

  1. Sinala a persoa ou cousa que está lonxe tanto do que fala coma do que escoita.
    • Exemplo: Temos que traer para aquí aqueles pupitres da vella escola

      .
  2. Fai referencia a algo xa nomeado, pero non inmediatamente antes.
    • Exemplo: Mercou unha mesa e un armario; este moi grande, aquela moi pequena. Aquilo do que falamos onte, non llo contes a ninguén

      .
  3. Utilízase para indicar que unha unidade de tempo está afastada do presente.
    • Exemplo: Aquel ano decidiramos pasar as nosas vacacións na montaña

      .

Observacións

Sinónimos

aquilo

Termos relacionados

  Substantivo

  1. (Coloquial) Calidade, xeralmente positiva, difícil de precisar.
    • Exemplo: Cando fala ten un aquel que sempre me atraeu.

  2. (Coloquial) Motivo ou circunstancia.
    • Exemplo: Coa aquela de que tiña sono, deitouse sen se despedir. Perdémolo de vista polo aquel de tanta xente que alí había

      .


Castelán

  Demostrativo

aquel

  1. Aquel.