Galego

  •   Pronuncia: /ɔ.'lim.pi.ko̯ (AFI)

  Adxectivo

olímpico (ms: olímpico; mpl: olímpicos; fs: olímpica; fpl: olímpicas)

  1. (Historia) Relativo ou pertencente ao Olimpo dos deuses, á cidade de Olimpia ou aos xogos que se celebraban nela cada catro anos.
    • Exemplo: O vencedor de cada unha das porbas dos xogos olímpicos recibía a coroa olímpica.

  2. Relativo ou pertencente ás olimpíadas.
    • Exemplo: Cada catro anos celénranse Xogos olímpicos de inverno e de verán.

  3. Dise do deportista que participa ou participou nunha olimpíada.
    • Exemplo: As medallas conseguidas acreditan que foi o mellor nadador olímpico da historia.

  4. (Figurado) Que reflicte soberbia.
    • Exemplo: Tratounos coma animais, con olímpico desprezo.

  Substantivo

olímpico (ms: olímpico; mpl: olímpicos; fs: olímpica; fpl: olímpicas)

  1. Deportista que participa ou participou nunha olimpíada.
    • Exemplo: Os olímpicos e as olímpicas viven nunhas instalacións especiais chanadas cidade olímpìca.